sábado, 1 de decembro de 2012

Recomendación de LECTURA INFANTIL

A ánfora exipcia
An Alfaya 
Ilustracións de Ramón Trigo
Col. Ala delta. Serie Verde, 26. Ed. Tambre.
Vigo, 2009
A partir dos 10 anos 

Unha ánfora exipcia e un escaravello rinoceronte desaparecen do pazo do conde de Leirachá logo de que Alberte e Lola relaten a súa última viaxe a Exipto, un país cunha cultura que os enfeitiza.  

As sospeitas dese roubo roldarán pólos currunchos da facenda e recaerán en cada un dos seus habitantes. Serán os nenos da casa, Roque, Laura e Xacobo, quen, con pericia de detective, tirarán do fío do nobelo ata dar cos responsables.

Fai a túa reserva na biblioteca

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger