mércores, 31 de outubro de 2012

Materiais autoformativos en linguaxes administrativa e xurídica galegas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon a disposición da cidadanía materiais autoformativos en linguaxes administrativa e xurídica galegas, coa finalidade mellorar a calidade dos textos orais e escritos da Administración. Trátase dunha formación específica dirixida ao persoal da Administración e, en xeral, a todas as persoas interesadas en ampliar os coñecementos nesta materia.

A diferenza dos cursos oficiais presenciais e virtuais que se organizan en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP), nos seguintes enlaces webs ofrécense cursos de autoformación en aberto que só inclúen contidos teóricos, exercicios de autorresolución e recursos.

Antes de abordares estes materiais, recomendámosche que leas con atención a Guía de uso que atoparás na páxina de inicio.
 

Nota: Estes cursos non están titorizados. O seu único fin é servir como material de uso libre para a autoaprendizaxe. En ningún caso se emitirá un certificado dos coñecementos adquiridos a partir deste recurso.
  1. Curso medio de linguaxe administrativa en liña
  2. Curso medio de linguaxe xurídica en liña
Máis información:

Fonte: Secretaría Xeral de Política Lingüística

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger