NORMAL, DIFERENTE
Autora: Kristina Dunker
Tradución: Susana Fernández de Gabriel e Franck Meyer
Editorial Galaxia S.A.
Colección Costa Oeste
Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa
Vera faría todo por chamar a atención de Jan. E iso que as súas amigas lle bisban que non é como os outros, que non é normal...
Ela non lles fai caso e lánzase á aventura. Pero a pesar dos seus esforzos, a aventura tarda en realizarse. Logo, cando por fin parece que Jan picou unha noite os dous van a unha festa misteriosa, Vera fai un descubrimento que a perturba e escandaliza.
Normal, Diferente é unha fresca historia de amor nada convencional na que os barullo de emocións e prexuízos, o rexeitamento e o escándalo, a comprensión e a sensibilidade forman parte da actitude espontánea dunha persoa heterosexual namorada doutra homosexual.
Os conceptos de "normal" e "diferente" revelan o seu carácter relativo e perden importancia fronte á a amizade e a aceptación do outro tal e como é.
ISBN: 84-8288-300-3
Nº de páxinas:99
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 13,5 x 21 cm