luns, 9 de xaneiro de 2017

O BECHO QUE QUERÍA COMER Á AVOA


O BECHO QUE QUERÍA COMER Á AVOA
Autor: Rocío Leira
Ilustracións: Cristina Nogales Aranda           
Editorial Galaxia, S.A; 2015
Colección: Árbore

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +10 anos

A nena sabe que un becho quere comer a súa avoa. Pero non é un becho con patas e antenas. É un becho moito máis feo. Todos na casan andan alterados polo que lle pasa á avoa.

Nesta historia coñeceremos un mundo marabilloso dunha nena e dunha avoa, tan lindo, que non hai becho malo que poida acabar con el.

ISBN: 978-84-9865-614-5
Nº de páxinas: 84
Encadernación: Tapa blanda

domingo, 8 de xaneiro de 2017

MORTOS POR AMOR Á TERRA


 MORTOS POR AMOR A TERRA
A represión sobre o nacionalismo galego (1936-1950)
Autor: Xosé Ramón Ermida Meilán

Sermos Galiza, S.A; 2016


Xénero: Ciencias sociais

Con motivo do 80 aniversario do golpe de estado de 1936, a publicación recolle un traballo de investigación histórica sobre diversos aspectos da represión franquista en Galiza, con importantes referencias aos feitos acontecidos en Foz e no conxunto da Mariña. 

Un estudo sobre a represión ao nacionalismo galego a través de 78 biografías de persoas asasinadas e un censo mínimo de represaliados polo franquismo.

 Con prólogo de Francisco Rodríguez e un estudo introdutorio do autor. Afonda no coñecemento da represión do nacionalismo na comarca da Mariña mais tamén no papel que este xogou na provincia de Lugo, considerada por históricos dirixentes como o Ulster galego. Era a provincia máis adversa, onde era máis difícil a penetración do nacionalismo, unha tendencia que, no entanto, comeza a reverterse a partir de 1935. Após o golpe de estado fascista de 1936 a vaga represora focaríase naqueles espazos onde se organizou unha maior resistencia rexistrándose fusilamentos e paseos no Ourol, Viviro, Lourenzá, Mondoñedo, A Pontenova e Ribadeo.. .

 Ermida debullará polo miúdo os protagonistas da nosa historia como Xavier Soto, escritor, amigo íntimo de Manuel Antonio e concelleiro fusilado. Tamén, Balbino Cerveira, fusilado en 1937 após ter sido alcalde de Viveiro. Pedro Penabad Rei, natural de Muras, aforcado en Sevilla en xuño de 1937 ou Modesto Vilar Ínsua, presidente da primeira agrupación guerrilleira galega, tamén asasinado, entre outros. . . 

Tamén se repasará a traxectoria de mulleres como Cristina Pol Díaz, militante do Partido Galeguista e unha das grandes renovadoras pedagóxicas galegas, secretaria do Seminario de Estudos Galegos, desterrada en Ávila. . . 

Unha oportunidade para coñecer polo miúdo a historia do noso país e do nacionalismo galego

ISBN: 978-84-608-9788-0
Nº de páxinas: 238
Encardernación: Tapa blanda

VERSOS DA TARDE LARANXA


VERSOS DA TARDE LARANXA
Autor: Ana María Fernández 
Ilustracións: María Ruiz Castelain                  
Editorial Galaxia, S.A; 2016
Colección: Árbore

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade recomendada: +8 anos

Ana María Fernández leva moitos anos coidando a poesía máis delicada para os máis pequenos e pequenas. 

Neste novo libro supérase, E fai que o mundo todo sexa de cor laranxa...
 
ISBN: 978-84-9865-723-4
Nº de páxinas: 65
Encadernación: Tapa blanda

sábado, 7 de xaneiro de 2017

DONDE SURGEN LAS SOMBRAS


DONDE SURGEN LAS SOMBRAS  
Autor: David Lozano Garbala
Ediciones SM, 2006                                                     
Colección: Gran angular                                           

Género: Literatura Juvenil - Novela de intriga y misterio

Álex desaparece después de entrar por error en un extraño videojuego. Este hecho coincide con el asesinato de tres personas en atroces circunstancias. Junto a un inspector de policía, los amigos de Álex inician su búsqueda. Con ellos penetramos en las zonas más siniestras ocultas bajo nuestros pies.

David Lozano Garbala nos atrapa con esta novela, llena de sobresaltos, en una trama de misterio y terror. Un juego en red se convierte en pesadilla y la amistad será la única posibilidad de salvación.

ISBN: 978-84-675-1027-0
Nº de páxinas: 281
Encuadernación: Tapa blanda

VIC E BOMBONA


VIC E BOMBONA
Autor: Sara Barreiro 
Ilustracións: María Ruiz Castelain                  
Editorial Galaxia, S.A; 2015
Colección: Árbore

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +10 anos

Bombona é a cadela máis lista do mundo. E Vic un pequeno desastre de neno. Ou non. Porque en realidade está a piques de iniciar unha incrible aventura que, xunto á súa cadeliña, o vai levar a unha viaxe ao pasado e a descubrir os segredos agochados dunha vila enteira. Intriga, misterio e aventuras por riba e debaixo da terra na primeira novela de Sara Barreiro.

ISBN: 978-84-9865-626-8
Nº de páxinas: 210
Encadernación: Tapa blanda

venres, 6 de xaneiro de 2017

FELIZ DÍA DE REIS!

FELIZ DÍA DE REIS!


Tras unha longa viaxe de varios meses, os 
Reis Meigos xa chegaron.

Sei que vos trouxeron algún agasallo.

Se non foi ouro, incenso e mirra
esperamos que fose

Felicidade
Prosperidade
e Paz. 




xoves, 5 de xaneiro de 2017

CUANDO A MATÍAS LE ENTRARON GANAS DE HACER PIS EN LA NOCHE DE REYES


CUANDO A MATÍAS LE ENTRARON GANAS 
DE HACER PIS EN LA NOCHE DE REYES
Autor: Chema Heras                              
Ilustracións: Kiko Dasilva                                  

Kalandraka Editoria, 2015
Colección: Libros para soñar

Género: Literatura Infantil en Castellano - Cuentos

Edad recomendada: +5 años

"Cuando a Matías le entraron ganas de hacer pis en la noche de Reyes" es un atípico y divertido cuento de Navidad que muestra la emoción con la que un niño experimenta un acontecimiento tan especial y esperado. La narración, llena de ingenio y humor, refleja la inocencia y la complejidad del magín infantil. Las ilustraciones destacan por su expresividad, su peculiar representación de las formas, las perspectivas y la secuencia de planos.

Cuando a Matías le entraron ganas de hacer pis en la noche de Reyes” llega siempre por Navidad para hacer sonreír a pequeños y mayores, para que disfruten de la alegría y la ilusión que brota en cada página.

Porque todo comienza con una carta con el mismo encabezado:
“Queridos Reyes Magos...”.

ISBN: 978-84-8464-611-2
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura

FELIZ NOITE DE REIS!

BIBLIOPAZOS 
desexavos

FELIZ NOITE DE REIS!



mércores, 4 de xaneiro de 2017

NOITE DE REIS EN KALPANKALÁ


NOITE DE REIS EN KALPANKALÁ
Autor: Xosé A. Perozo
Ilustracións: Mª Fe Quesada
Everest Galicia, S.L
Colección: Montaña Encantada

Género: Literatura Infantil en Galego - Narrativa 

Aquel Nadal do derradeiro ano do século ía ser diferente para todos os nenos da cidade de Viladeteixo, tanto para os dos barrios máís ricos como para os da zona máis pobre: Kalpankalá.

Papa Noel e os Reis Magos son vítimas dun estrano roubo, que só pode ser resultado dunha das xenialidades da avoíña estrafalaria coñecida por todos co alcume de Rosana Patacola.

ISBN: 978-84-403-0529-X
Nº de páginas: 53
Encuadernación: Tapa blanda

martes, 3 de xaneiro de 2017

CONTOS DE REIS E DE NADAL


CONTOS DE REIS E DE NADAL
Autor: Miguel Vázquez Freire
Ilustracións: Xosé Tomás
Edicións Xerais de Galicia, S.A; 2006
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +7 anos

 Contos de Reis e de Nadal contén na súa primeira parte catro contos de Reis ("A mañá do monstruo", "A noite de Reis da Princesa", "Marquiños quería un balón", "Xandro Tomé") e, na segunda, outros tres de Nadal ("A viaxe de Fátima", "O home que reconstruía a súa casa" e "O señor Scrooge tiña razón").

Nos do ciclo de Reis aparecen nenos aos que os Magos nunca lles traen o que piden; nenas que cando chegan os Reis Magos aínda están espertas, e nenos, coma Xandro, que pese a que os de Oriente ai lles traen o que lles piden, só son felices cando comparten os xoguetes con outros nenos que teñen menos.

Nos contos do ciclo de Nadal, hai mulleres que foxen da guerra e da fame e queren que o seu fillo naza en Europa; e hai homes quue constrúen de novo a súa casa cada vez que unha bomba as destrúe.

Sete contos, escritos co clasicismo narrativo do conto emotivo, sete portelos para construír un mundo máis solidario e feliz dende a infancia.

ISBN: 978-84-9382-632-7
Nº de páxinas: 110
Encadernación: Tapa blanda

luns, 2 de xaneiro de 2017

A CARBALLEIRA DOS DRUÍDAS


A CARBALLEIRA DOS DRUÍDAS
As aventuras do Apalpador 3
Autor: Fernando M. Cimadevila
Ilustracións: José Ángel Ares
 
Urco Editora, 2012
Colección "Contos estraños para nenos friquis" 


Xénero : Literatura Infantil  en Galego - Contos
 
Idade recomendada: +9 anos 


O apalpador e o elfo Din-Don deciden axudar a Noa nunha aventura que os levará a coñecer os segredos máis profundos do Courel. Nun lugar coñecido como a Carballeira dos Druídas atoparán un antigo espírito da natureza que lles ensinará un poderoso esconxuro.

O que os tres amigos non saben é que ese meigallo terá unhas consecuencias inimaxinábeis 

ISBN: 978-84-940935-6-2
Nº de paxínas: 59
Encadernación: Tapa blanda
 

sábado, 31 de decembro de 2016

O TESOURO DOS MOUROS


O TESOURO DOS MOUROS
As aventuras do Apalpador 2

Autor: Fernando M. Cimadevila
Ilustracións: José Ángel Ares
 
Urco Editora, 2012
Colección "Contos estraños para nenos friquis" 


Xénero : Literatura Infantil  en Galego - Contos
 
Idade recomendada: +9 anos

A valente Noa, o elfo Din-Don e mais o seu amigo carboeiro o Apalpador emprenden unha nova aventura nas fragas do Courel, desta vez na procura do mítico tesouro dos mouros, que está agochado nalgures.

Para descubrir deberán superar as máis variadas probas e coñecerán toda clase de personaxes. 

O texto compleméntase con cinco xogos ilustrados que conteñen a solución para os enigmas que os personaxes teñen que resolver.


ISBN: 978-84-939712-9-8
Nº de paxínas: 64
Encadernación: Tapa blanda

FELIZ NOITEVELLA

Que o novo ano 
vos traia moito amor, saúde,
diñeiro e traballo, pero sobre todo moita, moitísima felicidade.



  BIBLIOPAZOS
desexavos
 un

 ¡FELIZ 2017!


venres, 30 de decembro de 2016

O NADAL E AS SÚAS PANXOLIÑAS


O NADAL E AS SÚAS PANXOLIÑAS
Autor: Serafín Marcos Fernández
Ilustracións: Diana Fernández

Edicións Lea,1995


Xénero: Belas Artes - Música

Partindo da riqueza musical da época do nadal, proxéctanse neste libro unha serie de actividades que o profesor pode utilizar para despertar e cultivar no neno. Calquera que sexa a súa idade, ensínaselle o dominio do ritmo e da unidade harmónica, a entoación, a imaxinación no uso de calquera obxecto como instrumento musical, a expresión corporal, a utilización da música para desenvolver os sentimentos e a súa relación coa cor, as formas, o movemento...

Fagámo-lo neno consciente da súa capacidade de percepción e análise. Dotémo-lo de recursos para amplia-la súa expresividade.

ISBN: 84-88553-91-9
 Nº de páginas: 84
Encuadernación: Tapa blanda

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger