Amosando publicacións coa etiqueta Lingua galega.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lingua galega.. Amosar todas as publicacións

domingo, 26 de febreiro de 2017

A LINGUA GALEGA ENTRE 1963 E 1975


A LINGUA GALEGA ENTRE 1963 E 1975
Situación social e discursos dende o galeguismo
Autor: María Dolores Villanueva

Editorial: Deputación de Pontevedra               


Xénero: Lingüistica

O presente libro ofrece unha magnífica visión de conxunto do que aconteceu en Galicia entre os anos 1963 e 1975, datas claves escollidas moi conscientemente pola autora: 1963 por se-lo ano en que se permite outra vez a publicación da revista Grial, polo centenario  da edición de Cantares gallegos de Rosalía e pola institución na Real Academia Galega do día das Letras Galegas; 175 porque neste ano morre Franco e comeza o período de transición cara á democracia.

No libro analízase con detalle a situación de Galicia baixo o réxime franquista, así como a emigración, a economía e, con moita extensión, todo o relacionado coa lingua. Trátase dunha época transcendental para o desenvolvemento da lingua, pero que foi acompañada dunha serie de pexas qeu non se puideron eliminar. A nosa lingua tivo sempre mala sorte e non chegou a gozar dunha situación de privilexio. Con profundidade e clarividencia  a autora estuda como, no momento en que se podía potencia-lo estudo da lingua, as institucións foron reacias a facelo e mesmo se negaron.

ISBN: 978-84-8457-352-4
Nº de páginas: 242
Encuadernación: Tapa blanda

domingo, 8 de xaneiro de 2017

MORTOS POR AMOR Á TERRA


 MORTOS POR AMOR A TERRA
A represión sobre o nacionalismo galego (1936-1950)
Autor: Xosé Ramón Ermida Meilán

Sermos Galiza, S.A; 2016


Xénero: Ciencias sociais

Con motivo do 80 aniversario do golpe de estado de 1936, a publicación recolle un traballo de investigación histórica sobre diversos aspectos da represión franquista en Galiza, con importantes referencias aos feitos acontecidos en Foz e no conxunto da Mariña. 

Un estudo sobre a represión ao nacionalismo galego a través de 78 biografías de persoas asasinadas e un censo mínimo de represaliados polo franquismo.

 Con prólogo de Francisco Rodríguez e un estudo introdutorio do autor. Afonda no coñecemento da represión do nacionalismo na comarca da Mariña mais tamén no papel que este xogou na provincia de Lugo, considerada por históricos dirixentes como o Ulster galego. Era a provincia máis adversa, onde era máis difícil a penetración do nacionalismo, unha tendencia que, no entanto, comeza a reverterse a partir de 1935. Após o golpe de estado fascista de 1936 a vaga represora focaríase naqueles espazos onde se organizou unha maior resistencia rexistrándose fusilamentos e paseos no Ourol, Viviro, Lourenzá, Mondoñedo, A Pontenova e Ribadeo.. .

 Ermida debullará polo miúdo os protagonistas da nosa historia como Xavier Soto, escritor, amigo íntimo de Manuel Antonio e concelleiro fusilado. Tamén, Balbino Cerveira, fusilado en 1937 após ter sido alcalde de Viveiro. Pedro Penabad Rei, natural de Muras, aforcado en Sevilla en xuño de 1937 ou Modesto Vilar Ínsua, presidente da primeira agrupación guerrilleira galega, tamén asasinado, entre outros. . . 

Tamén se repasará a traxectoria de mulleres como Cristina Pol Díaz, militante do Partido Galeguista e unha das grandes renovadoras pedagóxicas galegas, secretaria do Seminario de Estudos Galegos, desterrada en Ávila. . . 

Unha oportunidade para coñecer polo miúdo a historia do noso país e do nacionalismo galego

ISBN: 978-84-608-9788-0
Nº de páxinas: 238
Encardernación: Tapa blanda

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger