Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta smara. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta smara. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

sábado, 23 de abril de 2016

SMARA

SMARA
Autora:Paula Carballeira 
Ilustración:Carole Hénaff 
Kalandraka Editora, 2006 
Colección 7 leguas 

Xénero: Literatura Galega - Narrativa 

Idade recomendada: A partir de 8 anos 

PREMIOS E OUTRAS MENCIÓNS 
THE WHITE RAVENS (Alemania) - 2007 
PROGRAMA NACIONAL DE LECTURA (SEP México) - 2007 
PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO (AGE) - 2006 
PLAN NACIONAL DE LECTURA (PNL Portugal) 

Unha viaxe ao deserto narrado con lirismo e certa melancolía. A Avoa Ugago descóbrenos os segredos da cultura dos Fillos das Nubes. A súa sabedoría enriqueceranos como persoas. 

Cando moitos nenos e nenas do Sahara veñen ao noso país para pasar aquí o periodo estival que na súa terra de orixe resúltalles dificilmente levadeiro polas condicións extremas do clima no deserto, KALANDRAKA proponlles aos lectores unha viaxe literaria ata as dunas de Smara

Se algún día viaxas ao deserto, busca a cidade que cheira a cravo e a fume, a perfume de muller. As súas noites están tapizadas de estrelas e garda dás por dunas de area fina.

Se algún día viaxas ao deserto pregunta pola Avoa Ugago, a dos cabelos brancos. Se tes a sorte de atopala, pídelle que che conte as historias que garda na súa memoria.

Smara é a historia da viaxe dun neno a un lugar do Sahara, onde coñece á Avoa Ugago, que fora unha poderosa maga capaz de protexer a cidade dos intrusos. Ela cóntalle historias do seu pobo, os Fillos das Nubes.

Partindo dunha cultura lendaria, e con grandes dose de maxia e misterio, Paula Carballeira fai unha aposta pola melancolía, cun certo lirismo, como un a especie de reivindicación da tristeza que nos fai crecer por dentro. 

Carole Hénaff reflicte o aspecto rústico dos asentamentos do deserto con ilustracións o aboradas con colaxe ou acrílicos sobre madeira, destacando a textura dos materiais e utilizando cores vivas, tan típicos de teas, cerámicas e especias. A súa inspiración provén da experiencia persoal, tras varias viaxes a Marrocos que deron lugar a fermosos cadernos repletos de debuxos nos que plasmou as sensacións de impresión e respecto que lle infundió o Sahara. As súas ilustracións transpórtanos a un mar de area, onde a vista pérdese no horizonte e o tempo parece deterse. As dunas nunca son iguais, parecen cobrar vida coa luz do sol, que acentúa as sombras das súas curvas e transforma as cores co paso das horas. O resultado é un traballo sublime e sinxelo, cun toque surrealista e enigmático

Temática: Deserto, viaxes, lendas. 
Aspectos destacables: Maxia e misterio; o deserto: clima, vexetación, costumes... 
 
ISBN: 978-84-8464-549-5 
Encuadernado en cartoné 
Formato:16,5 x 24 cm 
Nº de páxinas: 64


martes, 20 de novembro de 2018

CICLO "ENCONTRO CON AUTORES" - PAULA CARBALLEIRA


CICLO "ENCONTRO CON AUTORES" 

O martes 27 de novembro estará connosco Paula Carballeira para participar no "Ciclo de Encontro con Autores" co que pretendemos que os lectores e lectoras de Pazos de Borbén compartan historias e experiencias con autores e autoras galegos traballando e comentando algunha das súas obras escritas na nosa lingua nai.

Paula Carballeira estará cos rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e centrará o seu encontro no seu libro "Smara", editado pola editorial Kalandraka e ilustrado por Carole Hénaff.

Esta obra foi recoñecida co Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Mellor Ilustrado no 2006 e a Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich incluiuno na selección The White Ravens 2007.

"Smara" é a historia da viaxe dun neno a un lugar do Sahara, onde coñece a Avoa Ugago, que fora unha poderosa maga protectora da cidade fronte os intrusos. Ela cóntalle historias do seu pobo, os Fillos das Nubes.

“…Se algún día viaxas ao deserto, busca a cidade con aroma a cravo e fume, a perfume de muller. As súas noites están tapizadas de estrelas e gardadas por dunas de area fina. Se algún día viaxas ao deserto pregunta pola Avoa Ugago, a dos cabelos brancos. Se tes a sorte de atopala, pídelle que che conte as historias que garda na súa memoria…”
Lectura recomendada para os socios e usuarios de BiblioPazos maiores de 9 anos.


Esperámosvos en BiblioPazos!!!

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger