xoves, 26 de setembro de 2024

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE SETEMBRO-OUTUBRO 2024 (OBRADOIROS DE CREACIÓN LITERARIA e VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN)

Ola de novo seguidoras/es, usuarias/os e socias/os da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS".

Fai uns días iniciamos a programación das actividades de outono-inverno coa actuación de LEO LEÍÑO con “HABELAS HAINAS” o pasado venres 13 de setembro; e continuamos coas mesmas o día 26 de setembro con “FAZULAS E O LADRÓN DE PARAUGAS” de FRAN CAMPOS “BANDULLO AZUL”, incluídas no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Xunta de Galicia a través de Dirección Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades xunto cos concellos galegos que teñen bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Imos a continuar con novas actividades que temos organizadas para as vindeiras semanas a través do programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2024 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" e que contan co co patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación Provincial de Pontevedra.

Os principais obxectivos deste programa son os de promover e dinamizar o uso da lingua galega no municipio, sobre todo entre a poboación infantil, a mocidade e as persoas con diversidade funcional; animar á creación literaria e á lectura a través da realización de diversos obradoiros e da convocatoria dunha nova edición dun certame literario en lingua galega; ademais tamén se pretende promover e facilitar a plena integración na sociedade dos colectivos en risco de exclusión social e con diversidade funcional, a través do emprego da expresión artística e literaria en lingua galega.

Poderá participar todo o alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria residente no municipio que estivera ou estea cursando estudos de Infantil, Primaria ou Secundaria nos colexios públicos do concello durante os cursos 2023/2024 e/ou 2024/2025; e tamén os usuarios dos Centros de Atención a Persoas con Diversidade Funcional que teñan a súa sede e actividade en de Pazos de Borbén

A primeira iniciarase o próximo venres 27 de setembro co Obradoiro de Creación Literaria "ESCRIBIR PARA CONTAR 3" que será impartido polo escritor, poeta, docente e contacontos MIGUEL ALONSO DIZ e nel participará todo o alumnado de Infantil e Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; o alumnado de Educación Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; e os usuarios da Asociación ASPAVI.

Realizarase nas instalacións escolares e da Asociación ASPAVI en 9 sesións de entre 50 e 90 minutos cada unha delas nos seguintes días e  horarios:

Venres, 27 de Setembro:
13:00 a 14:30 - 4º de Primaria CPI Pazos

Xoves, 3 de Outubro:
13:00 a 14:30 - 5º de Primaria

Venres, 4 de Outubro:
13.00 a 14:30 - 3º de Primaria CPI Pazos

Xoves, 10 de Outubro:
13:00 a 14:30 - 6º de Primaria CPI Pazos

Venres, 11 de Outubro:
13:00 a 13:50 - Infantil CPI Pazos

Luns, 14 de Outubro:
10:30 a 11:45 - 1º de Primaria CPI Pazos
13:00 a 14:15 - 2º de Primaria CPI Pazos

Xoves, 17 de Outubro:
13:00 a 13:50 - Infantil EEI A Galeriña
15:30 a 17:00 - Asociación ASPAVI

Dando continuidade aos obradoiros “ESCRIBIR PARA CONTAR 2” realizados no ano 2023, nesta nova edición ensínase ao alumnado participante os procesos de creación. Camiñando pola palabra, tanto escrita como oral, a imaxe e mesmo a expresión teatral para dotar dunha visión o máis completa posible; sempre adaptándose ao nivel da rapazada participante e dando resposta ás necesidades de cada grupo e de cada persoa.

Nas actividades búscase fomentar a creatividade, o amor pola arte en xeral e pola nosa lingua.

Todas estas variables xogan un papel relevante no intre de pórse diante da folla en branco.

Dende os ciclos de infantil ata 6º de primaria, pasando polas usuarios dos colectivos de persoas con diversidade funcional, achegaremos a un colectivo de persoas máis amplo o labor desenvolto a través de obradoiros adaptados a cada idade e circunstancia.

Os obxectivos que se pretende conseguir son os seguintes:

  • Incentivar a creatividade e o valor da orixinalidade.
  • Estimular a creación de historias vencelladas co noso entorno, sementando neles o aprecio e valoración do propio, tanto na súa vertente material (patrimonio histórico), como inmaterial. 
  • Asociar a escrita ao xogo, e non só a escrita, senón tamén o propio proceso de aprendizaxe.
  • Enlazar elementos escritos e de narración visual e conectar a escrita e a narración oral. Incentivar a transmisión oral de historias no seu entorno familiar.
  • Incentivar a lectura como motor da escrita. Iniciar no xogo de palabras.
  • Escribir como ferramenta de expresión dun mesmo.
  • Fomentar o uso da lingua galega.
  • O emprego da expresión artística galega como un elemento de expresión integradora na sociedade e de fomento do respecto á diversidade.

Os obradoiros están estruturados en cinco niveis:

- Primeiro nivel: Ciclo de Infantil
Escribir para contar.
Narrar a través da imaxe.

- Segundo nivel: 1º e 2º de Primaria
O valente coello que quixo soñar.
Unha intervención artística.
Que é o protagonista?
Pequenas historias. Debuxamos.

- Terceiro nivel: 3º e 4º de Primaria
Unha historia entre todos.
Mesmas palabras, diferentes historias.
O relato máis curto do mundo.

- Cuarto nivel: 5º e 6º de Primaria
A través de cancións, efectos sonoros, fotografías e textos noutras linguas estimularase a creación literaria por parte do alumnado.

-Quinto nivel: Colectivos de persoas con diversidade funcional
Que queremos contar?
Unha historia entre todos.
Efectos sonoros. Que sucede?
debuxo como ferramenta de narración.

 

O segundo obradoiro "RELATOS DE IDA E VOLTA. FACER E DESFACER HISTORIAS” será impartido pola escritora, xornalista e docente ANDREA BARREIRA FREIJE para todo o alumnado de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos. Terá lugar tamén nas instalacións do colexio en catro sesións dunha duración de hora e media cada unha e se realizarán nas seguintes datas e horarios:

Luns, 7 de outubro
10:20 a 11:50 - 1º ESO
12:20 a 13:50 - 2º ESO

Martes, 8 de outubro
10:20 a 11:50 - 3º ESO 
12:20 a 13:50 - 4º ESO

Escribir, desde un relato a unha novela, é algo traballoso, que se vai pulindo e mellorando cos anos. Aínda que partamos do básico, que é ser quen de observar o que nos rodea, pensar e imaxinar, precisamos dunhas ferramentas que, primeiro nos axuden a ordenar a información e, despois, elementos que fagan que a nosa historia sexa o máis atractiva posible.

Nos cursos de narrativa preguntámonos: Quen conta a historia? O Narrador, pero cantos tipos de narradores hai? Quen marca a acción? A personaxes; pero que papel lles imos dar? Onde e cando acontece todo? Espazo e tempo, pero como se relaciona cos demais elementos? Como estruturamos o relato? Tempo e trama... Onde poñemos cada xiro?

Así, Relatos de ida e volta. Facer e desfacer historias é un obradoiro de escrita que funciona como un xogo adaptado a cada curso. A través de varios pasos, que van desde a capacidade de atopar ideas a través de preguntas, observación, imaxinación á escrita, mergullámonos nas capacidades e intereses propios á hora de escribir un relato.

A partir de aí descubrimos cada elemento narrativo e como podemos mesturalos para facer unha historia o máis atractiva e interesante posible. Deste xeito, veremos como segundo a tipoloxía das personaxes ou dos narradores, as voces cambian; igual que mudan segundo onde cando sucedan. Cada elemento ten o seu papel, e coñecelo fará que escribir unha historia sexa algo fluído e cada vez máis natural.

Relatos de ida e volta. Facer e desfacer historias remata coa lectura dos textos, o que permite a capacidade crítica da aula, sempre dun xeito construtivo. Esa ollada externa axuda a mellorar os escritos. Malia que o proceso sexa individual, contar co apoio da aula, sempre é un bo xeito de evitar bloqueos creativos e ter varias opcións que axuden a avanzar e facer o proxecto o máis interesante e próximo ao lector ou lectora.

O obradoiro impartirase en 4 sesións de 90 minutos cada unha para a rapazada de 1º a 4º da ESO. Cada persoa escribirá un relato, no que se mesturarán as temáticas do VI Certame de Relato Curto de Pazos de Borbén, coas ferramentas máis básicas da creación narrativa e aquelas que lles permitan arriscar nas voces narradoras ou nos xiros das historias

  • 1º ESO: este curso, ao ser o primeiro ano que recibe o obradoiro, descubrirán os elementos básicos para a construción dun relato: que é narrador, as personaxes, o espazo, o tempo ea trama lineal, todo a través do xogo.
  • 2º ESO: tras descubrir o ano anterior as bases do relato, no presente obradoiro descubriremos novas ferramentas, centrándonos principalmente en como adaptar as ideas, puntos de partida, do concurso municipal ás nosas propias inquedanzas como escritoras e escritores.
  • 3º e 4º ESO: nestes cursos profundaremos en como podemos xogar coas estruturas (inversa e circular principalmente, aínda que tamén in media res) e variar principios e finais, para poder experimentar cos xiros e descubrir outras formas de contar.

E, por último, comentar que nos próximos días publicaremos a convocatoria do “VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN" no que, como en anos anteriores, haberá 7 categorías para poder participar:

        • Categoría A: Persoas con diversidade funcional
        • Categoría B: Alumnado de Educación Infantil
        • Categoría C: Alumnado de 1º e 2º de Primaria
        • Categoría D: Alumnado de 3º e 4º de Primaria
        • Categoría E: Alumnado de 5º e 6º de Primaria
        • Categoría F: Alumnado de 1º e 2º de ESO
        • Categoría G: Alumnado de 3º e 4º de ESO

PRAZO DE PRESENTACIÓN dos traballos abrirase do 1 de outubro a o 15 de Novembro de 2024.

Desde BIBLIOPAZOS animamos a todo o profesorado, aos pais, nais e demais familiares do alumnado e dos usuarios da Asociación ASPAVI para que os estimulen a escribir e e a debuxar para participar neste nova convocatoria do certame que chega a súa 6º edición.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986497273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

venres, 20 de setembro de 2024

CONMEMORACIÓN DO DÍA EUROPEO DAS LINGUAS CON "FAZULAS E O LADRÓN DE PARAUGAS" - UN ESPECTÁCULO DE FRAN CAMPOS "BANDULLO AZUL"

Continuamos coas actividades organizadas pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" dirixidas para todos os públicos coa idea de tentar conseguir os nosos obxectivos de seguir promocionando a educación e a cultura e animar á lectura a nenas/os, mozas/os e adultos de todas as idades.

A que presentamos a continuación terá lugar o Xoves 26 de setembro no Auditorio do Concello a partir das 13:00 horas e vai a ser un espectáculo de artes escénicas que nos traerá o artista FRAN CAMPOS "BANDULLO AZUL"un contacontos teatralizado con monicreques e ventriloquía titulado "FAZULAS E O LADRÓN DE PARAUGAS" baseado no libro do autor Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárce publicado pola Editorial Galaxia.

Vive a viaxe iniciada por FAZULAS e a súa teima por saber de que cor é o vento emprendendo unha fantástica aventura collido a un paraugas. Buscará entre as árbores, as nubes... precisará da axuda do Señor Moucho, da cadela Petra, do profesor e de todos vos! Queredes descubrir que fai o vento cos paraugas? Vide que ata lle podemos facer unha canción xuntos a ese gatiño curioso e parlanchín.

Con esta actividade conmemoraremos o DÍA EUROPEO DAS LINGUAS que se celebra o 26 de setembro en toda a Unión Europea como homenaxe á diversidade lingüística do continente europeo; unha iniciativa que busca promover a aprendizaxe continuada de varios idiomas para os habitantes deste continente.

Unha das principais metas que desexa implantar en Europa a celebración do Día Europeo das Linguas, é a de concienciar aos habitantes sobre o enorme potencial que teñen os idiomas como ferramenta profesional e intercultural, que non só permitiríalles acceder a novas ofertas de emprego no mundo ou os convertería nun cidadán global, senón máis ben, como forma de preservar a cultura dos países e asegurar a súa pervivencia ao longo das xeracións futuras.

Convidamos a asistir a este evento ao alumnado de 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; aos usuarios da Asociación ASPAVI e a todas aquelas veciñas e veciños que se inscriban previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273 e ata completar o aforo.

Esta actividade forma parte do programa de dinamización da lectura "LER CONTA MOITO" que promove a Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración cos concellos.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar co persoal da Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

luns, 9 de setembro de 2024

"HABELAS HAINAS" un espectáculo de maxia e animación para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA ALFABETIZACIÓN

Desde a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" presentamos diversas actividades para este mes de setembro para tentar conseguir os nosos obxectivos de seguir promocionando a educación e a cultura e animar á lectura a nenas/os, mozas/os e adultos de todas as idades.

A próxima actividade terá lugar o Venres 13 de Setembro a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello; e consiste nun espectáculo de artes escénicas con moita maxia e animación que nos traerá LEO LEÍÑO baixo o título de "HABELAS HAINAS".


Ese día acompañaremos a LEO LEÍÑO nunha viaxe máxica a través das tradicións e lendas galegas (a Santa Compaña, Santo André de Teixido, Celtas e druídas, romarias...), porque non cremos nas meigas pero "habelas hainas".

Como en anteriores ocasións convidamos a asistir a esta actividade ao alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI, ademáis de a todas aquelas veciñas e veciños que se inscriban previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273 e ata completar o aforo.

Con esta actividade queremos conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA ALFABETIZACIÓN que se celebra en todo o mundo o día 8 de setembro de cada ano nesta ocasión co lema "Promover a educación multilingüe: a alfabetización para o entendemento mutuo e a paz".

Esta actividade forma parte do programa de dinamización da lectura "LER CONTA MOITO" que promove a Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar co persoal da Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

sábado, 7 de setembro de 2024

AVANCE DA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE SETEMBRO-OUTUBRO DE 2024

Dirixímonos a todos os veciños e veciñas en xeral, e a todas as seguidoras/es, usuarias/os e socias/os da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" para contarvos un avance das novidades que temos para este mes de setembro.

Despois de gozar do verán e das vacacións volvemos coas enerxías bastante renovadas para ofrecervos varios eventos dirixidos a todo o público en xeral e aos colectivos de persoas en risco de exclusión social e con diversidade funcional para continuar coa consecución dos obxectivos de seguir promocionando a educación e a cultura, e animar á lectura a nenas/os, mozas/os e adultos de todas as idades.

Para elo presentamos para as vindeiras semanas varias actividades incluídas no programa de dinamización da lectura nas Bibliotecas públicas "LER CONTA MOITO" que promove a Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración cos concellos.

A primeira delas será o Venres 13 de Setembro a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello e nesta ocasión teremos un espectáculo con moita maxia e animación que nos traerá LEO LEÍÑO baixo o título de "HABELAS HAINAS".

Ese día acompañaremos a LEO LEÍÑO nunha viaxe máxica a través das tradicións e lendas galegas (a Santa Compaña, Santo André de Teixido, Celtas e druídas, romarias...), porque non cremos nas meigas pero "habelas hainas".

Como noutras ocasións convidamos a asistir a esta actividade ao alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI, ademáis de a todas aquelas veciñas e veciños que se inscriban previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273 e ata completar o aforo.

Con esta actividade queremos conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA ALFABETIZACIÓN que se celebra en todo o mundo o día 8 de setembro de cada ano nesta ocasión co lema "Promover a educación multilingüe: a alfabetización para o entendemento mutuo e a paz".

Continuaremos o Xoves 26 de setembro no Auditorio do Concello a partir das 13:00 horas co espectáculo de artes escénicas que nos traerá o artista Fran Campos "BANDULLO AZUL". Trátase dun contacontos teatralizado con monicreques e ventriloquía titulado "FAZULAS E O LADRÓN DE PARAUGAS" baseado no libro do autor Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel publicado pola Editorial Galaxia.
Vive a viaxe iniciada por FAZULAS e a súa teima por saber de que cor é o vento emprendendo unha fantástica aventura collido a un paraugas. Buscará entre as árbores, as nubes... precisará da axuda do Señor Moucho, da cadela Petra, do profesor e de todos vos! Queredes descubrir que fai o vento cos paraugas? Vide que ata lle podemos facer unha canción xuntos a ese gatiño curioso e parlanchín.
Con esta actividade conmemoraremos o DÍA EUROPEO DAS LINGUAS que se celebra o 26 de setembro en toda a Unión Europea como homenaxe á diversidad elingüística do continente europeo; unha iniciativa que busca promover a aprendizaxe continuada de varios idiomas para os habitantes deste continente.

Unha das principais metas que desexa implantar en Europa a celebración do Día Europeo das Linguas, é a de concienciar aos habitantes sobre o enorme potencial que teñen os idiomas como ferramenta profesional e intercultural, que non só permitiríalles acceder a novas ofertas de emprego no mundo ou os convertería nun cidadán global, senón máis ben, como forma de preservar a cultura dos países e asegurar a súa pervivencia ao longo das xeracións futuras.

Convidamos a asistir a este evento ao alumnado de 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; aos usuarios da Asociación ASPAVI e a todas aquelas veciñas e veciños que se inscriban previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273 e ata completar o aforo.

PRÓXIMAMENTE seguiremos informando sobre novas actividades que estamos organizando do programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2024 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello e que conta co patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación Provincial de Pontevedra.

Entre estas últimas actividades están pendentes varios OBRADOIROS DE CREACIÓN LITERARIA e a convocatoria do "VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN".

Para calquera información sobre a programación podedes contactar co persoal da Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

sábado, 15 de xuño de 2024

"UN SACO DE CONTOS. O PEIXE DE OURO E OUTRAS HISTORIAS" de FERNANDO SALDAÑA, para rematar as conmemoracións do DÍA INTERNACIONAL DO SOLSTICIO DE VERÁN e a participación do Concello na XII Edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL "ATLÁNTICA"

E rematamos as conmemoracións do DÍA INTERNACIONAL DO SOLSTICIO DE VERÁN e a chegada das vacacións escolares con outra actividade incluída na programación da XII Edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL “ATLÁNTICA” que desde Salamanca (Castela-León) tráenos FERNANDO SALDAÑA baixo o título de “UN SACO DE CONTOS. O PEIXE DE OURO E OUTRAS HISTORIAS”. Terá lugar o Xoves 20 de Xuño, a partir das 13:00 horas tamén no Auditorio do Concello.



FERNANDO SALDAÑA é, ante todo, e sobre todo, contacontos. Tamén é mago, actor, director de teatro, ilustrador e humorista gráfico. Ten traballado na radio e en televisións locais, foi deseñador gráfico, locutor, profesor de circo e de programas informáticos... Pero o que máis lle gusta é contar historias. A todos. Para todas as idades: desde os bebés ata os que hai tempo que chegaron aos cen. Nos seus cofres, baúis e maletas ten contos gardados para todos e cada un. Saldaña asenta a narración nos obxectos cotiáns, nos xogos de maxia, e n bonecos e monicreques, no seu corpo e na súa voz, para que o espectador viva cada unha das súas palabras, como el as goza cando sobe a un escenario ou se coloca diante do seu público nunha escola, biblioteca, xardín ou praza.

No espectáculo “UN SACO DE CONTOS. O PEIXE DE OURO E OUTRAS HISTORIAS” o conto e a maxia danse a man para conseguir unha atmosfera de misterio e emoción que narra a historia dun mariñeiro que pesca un peixe diminuto, apenas un bebé, polo que decide devolvelo ao mar. Ante a súa sorpresa, o peixe fala e infórmalle de que lle concederá un desexo. A partir de aquí, a avaricia da familia fai que queira máis e máis... Unha casa, un palacio, un castelo... Ata que o perden todo... e a esta seguirán outras historias.

Nesta actividade está prevista a asistencia do alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI. e convidamos tamén a asistir a todos aqueles veciños e veciñas que queiran asistir e que, por cuestións de aforo, inscríbanse previamente chamando ao teléfono da Biblioteca nº 986 497 273.

Para calquera información sobre esta programación podedes contactar coa Biblioteca chamando por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

martes, 11 de xuño de 2024

"OS CONTOS DE PABLÍSIMO. CABICIVAI" en Pazos de Borbén, unha actividade da XII Edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL "ATLÁNTICA" para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO SOLSTICIO DE VERÁN

A primeira das actividades deste mes de xuño coa que o Concello de Pazos de Borbén participará por sexto ano no FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRARIÓN ORAL "ATLÁNTICA" que celebra neste ano 2024 a súa XII Edición; e coa que conmemoraremos a chegada das vacacións escolares e o DÍA INTERNACIONAL DO SOLSTICIO DE VERÁN, será “OS CONTOS DE PABLÍSIMO. CABICIVAI”que terá lugar o Venres 14 de Xuño, a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello e será realizado por PABLO SÁNCHEZ “PABLÍSIMO” (Galicia), unha compañía especializada en narración oral, teatro de animación á lectura e teatro infantil creada polo actor, dramaturgo e contador de historias Pablo Sánchez. Os seus espectáculos de pequeno e mediano formato, toman sempre como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos, e contos de creación propia. Pablísimo leva producidos máis de vinte espectáculos misturando neles monicreques, música en vivo, teatro de sombras, video e narración oral. E ten participado en diferentes mostras e festivais.

“OS CONTOS DE PABLÍSIMO. CABICIVAI”, é un espectáculo sobre rodas, unha bicicleta, un kamishibai e tres caixóns dos que pode saír calquera cousa!!
Cabici vai subindo e baixando
Ca bici vai de acó para alá
Ca bici vai carretando as historias
Ca bici vai a golpe de pedal.

Convidamos a participar neste evento ao alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos; ao alumnado da EEI “A Galeriña” de Nespereira; aos usuarios da Asociación ASPAVIe a todos aqueles veciños e veciñas que queiran asistir ao mesmo e que, por cuestións de aforo, inscríbanse previamente chamando ao teléfono da Biblioteca nº 986 497 273.

Para calquera información sobre esta programación podedes contactar coa Biblioteca chamando por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

luns, 10 de xuño de 2024

ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA E PROMOCIÓN E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO MES DE XUÑO

O día 5 de xuño no Auditorio do Concello iniciamos as actividades do Programa de animación á lectura e dinamización e sensibilización da Lingua Galega de 2024 da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén coa actividade “SON SAN” a cargo de RAQUEL QUEIZÁS para conmemorar o DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE; actividade á que asistiu o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

As seguintes actividades programadas para este mes son dous contacontos cos que o Concello de Pazos de Borbén participará, por sexto ano, no FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL “ATLÁNTICA” que celebra neste ano 2024 a súa XII Edición; e cos que conmemoraremos a chegada das vacacións escolares e o DÍA INTERNACIONAL DO SOLSTICIO DE VERÁN.


O primeiro dos contacontos será “OS CONTOS DE PABLÍSIMO. CABICIVAI” que terá lugar o Venres 14 de Xuño, a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello e será realizado por PABLO SÁNCHEZ “PABLÍSIMO” (Galicia), unha compañía especializada en narración oral, teatro de animación á lectura e teatro infantil creada polo actor, dramaturgo e contador de historias Pablo Sánchez. Os seus espectáculos de pequeno e mediano formato, toman sempre como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos, e contos de creación propia. Pablísimo leva producidos máis de vinte espectáculos misturando neles monicreques, música en vivo, teatro de sombras, video e narración oral. E ten participado en diferentes mostras e festivais.

“OS CONTOS DE PABLÍSIMO. CABICIVAI”, é un espectáculo sobre rodas, unha bicicleta, un kamishibai e tres caixóns dos que pode saír calquera cousa!!
Cabici vai subindo e baixando
Ca bici vai de acó para alá
Ca bici vai carretando as historias
Ca bici vai a golpe de pedal.
Convidamos a participar neste evento ao alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos; ao alumnado da EEI “A Galeriña” de Nespereira; aos usuarios da Asociación ASPAVI; e a todos aqueles veciños e veciñas que queiran asistir ao mesmo e que, por cuestións de aforo, inscríbanse previamente chamando ao teléfono da Biblioteca nº 986 497 273.

E continuaremos con outra actividade incluída na programación da XII Edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL “ATLÁNTICA” que desde Salamanca (Castela-León) tráenos FERNANDO SALDAÑA baixo o título de “UN SACO DE CONTOS. O PEIXE DE OURO E OUTRAS HISTORIAS”. Terá lugar o Xoves 20 de Xuño, a partir das 13:00 horas tamén no Auditorio do Concello.

FERNANDO SALDAÑA é, ante todo, e sobre todo, contacontos. Tamén é mago, actor, director de teatro, ilustrador e humorista gráfico. Ten traballado na radio e en televisións locais, foi deseñador gráfico, locutor, profesor de circo e de programas informáticos... Pero o que máis lle gusta é contar historias. A todos. Para todas as idades: desde os bebés ata os que hai tempo que chegaron aos cen. Nos seus cofres, baúis e maletas ten contos gardados para todos e cada un. Saldaña asenta a narración nos obxectos cotiáns, nos xogos de maxia, en bonecos e monicreques, no seu corpo e na súa voz, para que o espectador viva cada unha das súas palabras, como el as goza cando sobe a un escenario ou se coloca diante do seu público nunha escola, biblioteca, xardín ou praza.


No espectáculo “UN SACO DE CONTOS. O PEIXE DE OURO E OUTRAS HISTORIAS”; o conto e a maxia danse a man para conseguir unha atmosfera de misterio e emoción que narra a historia dun mariñeiro que pesca un peixe diminuto, apenas un bebé, polo que decide devolvelo ao mar. Ante a súa sorpresa, o peixe fala e infórmalle de que lle concederá un desexo. A partir de aquí, a avaricia da familia fai que queira máis e máis... Unha casa, un palacio, un castelo... Ata que o perden todo... e a esta seguirán outras historias.

Nesta actividade está prevista a asistencia do alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI, e convidamos tamén a asistir a todos aqueles veciños e veciñas que queiran asistir e que, por cuestións de aforo, inscríbanse previamente chamando ao teléfono da Biblioteca nº 986 497 273.

Para calquera información sobre esta programación podedes contactar coa Biblioteca chamando por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

venres, 31 de maio de 2024

Conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente co espectáculo "SON SAN" de RAQUEL QUEIZÁS

Conmemoraremos o Día Mundial do Medio Ambiente co espectáculo SON SAN, un contacontos teatralizado de RAQUEL QUEIZÁS que terá lugar o próximo Mércores día 5 de Xuño a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén.

Convidamos a asistir a este espectáculo ao alumnado de Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; ao alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; e aos usuarios da Asociación ASPAVI; e a todos os veciños e veciñas que queiran participar neste evento e que se inscriban previamente chamando ao teléfono da Biblioteca nº 986 497 273.

Neste contacontos o protagonista é un neno chamado Xan, (construído con vasos e pratos de cartón, leva chapeu verde e seu corpo é branco).

Xan cústalle moito erguerse pola mañá. Non lle gusta tomar o almorzo san que lle dá a súa nai, prefire moreas de pasteis.

Un día, no parque, un cadelo lle leva os bolos e comeza a correr, sen folgos, atrás do can. De súpeto atópase con Xana, (leva chapeu verde, e o seu corpo é amarelo, verde e laranxa) unha rapaza moi espelida que o convida a unha san e nutritiva merenda. Xan probará o zume de laranxa e o melón e sentirase moito mellor, ata cambiará de cor (o seu corpo tornarase de cor amarelo e laranxa).

Xuntos, Xan Xana xogarán toda a tarde. Xan con moito apetito tornará contento a casa e, despois dun baño con moito ritmo e unha cea lixeira, na cama quedará durmido.

SON SAN é un espectáculo de monicreques construídos con materiais de refugallo (vasos e pratos de cartón) e manipulación de obxectos moi visual e lúdico. Contén fragmentos musicais que en ocasións van acompañados de sinxelas coreografías para que bailen os nenos.

A través do percorrido de Xan as nenas e os nenos verán a importancia dunha dieta san para levar a cabo unha vida saudable.

Tamén reforzarán os seus coñecementos das partes do corpo ao mesmo tempo que descobren de forma divertida como levar a cabo unha boa hixiene.

Por último, non nos esqueceremos do necesario que é facer exercicio, estar en forma.

Eu estou san, SON SAN e tí?

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

domingo, 19 de maio de 2024

"XOGAMOS CON CONTOS" e "O ALFABETO DOS CONTOS" de Pepa Martín, Mariscadora de Contos, para rematar as actividades de animación á lectura do MES DAS LETRAS GALEGAS


E para finalizar as actuacións do mes das Letras Galegas, teremos unhas novas actividades de animación á lectura para o alumnado de Infantil e Primaria organizadas pola FUNDACIÓN FILOMENA RIVERO ALONSO de Redondela en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén que se realizarán o Venres 24 de Maio na Biblioteca do CPI “Curros Enríquez” de Pazos, ás 11:00 e 13:00 horas, respectivamente, e ás que asistirá o alumnado de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Serán levadas a cabo por Pepa Martín, Mariscadora de contos que nos traerá os seus espectáculos de contacontos “XOGAMOS CON CONTOS” e “O ALFABETO DOS CONTOS”.

“XOGAMOS CON CONTOS” é unha sesión de animación lectura no que a cuentera Pepa Martín achegará ao alumnado de Infantil aos libros, convidándoos a participar en xogos, adiviñas e cantos para chegar aos contos. Xogamos con contos, contamos xogando.

“O ALFABETO DOS CONTOS” é unha viaxe desde a orixe do primeiro alfabeto no que Pepa Martín fará que coas letras do alfabeto o alumnado de Primaria chegue aos lugares onde habitan as historias, os enigmas e outras sorpresas.

Agradecer á FUNDACIÓN FILOMENA RIVERO ALONSO de Redondela o seu esforzo pola súa colaboración, patrocinio e organización de actividades de animación á lectura en Pazos de Borbén; así como tamén pola doazón de libros que nos ven facendo ano a ano e que, próximamente, serán postos a disposición dos nosos usuarios e usuarias.

Por último animar a toda a veciñanza a conmemorar o MES DAS LETRAS GALEGAS participando en calquera das actividades que levamos e cabo en BiblioPazos e tamén nas que se realizan noutras bibliotecas, escolas e outras institucións da nosa comarca para estimular a todo o mundo a ler polo menos 20 minutos cada día, e mellor si o fan na nosa lingua galega.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

mércores, 15 de maio de 2024

"TINTA DO MAR" contacontos ilustrado sobre LUISA VILLALTA de "POLO CORREO DO VENTO" para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén - BiblioPazos, queremos conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e para elo o próximo Martes 21 de Maio ás 11:00 horas da mañá nas instalacións do CPI “Curros Enríquez” de Pazos recibiremos a visita de Quique Mauricio e Carlos Taboada de POLO CORREO DO VENTO que nos ofrecerán o seu contacontos ilustrado baseado no libro “TINTA DO MAR. Pequena biografía de Luisa Villalta”, editado por Polo Correo do Vento a través de Lela Edicións.



Nesta actividade narrarase oralmente a historia, sempre dando pinceladas da obra e vida da autora LUISA VILLALTA GÓMEZ a quen a Real Academia Galega dedica este ano este día tan importante para a exaltación a promoción da nosa literatura e da nosa lingua; e farase un obradoiro de debuxo no que se realizará unha caricatura da escritora, filóloga e violinista galega.
Temos comprometida a asistencia a este evento do alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e da EEI “A Galeriña” de Nespereira; co obxectivo de que a cativada coñeza á autora homenaxeada este ano no DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

O Concello adquiriu 100 exemplares do libro e cada un dos asistentes a este evento será agasallado cun exemplar; ademáis tamén obsequiarase cun exemplar a cada un dos escolares de 3º e 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez”, ata acabar as existencias.

Por último animar a toda a veciñanza a conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS participando en calquera das actividades que levamos e cabo en BiblioPazos e tamén nas que se realizan noutras bibliotecas, escolas e outras institucións da nosa comarca para estimular a todo o mundo a ler polo menos 20 minutos cada día, e mellor si o fan na nosa lingua galega.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

venres, 10 de maio de 2024

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DE 2024 homenaxea á escritora, filóloga e violinista coruñesa LUISA VILLALTA GÓMEZ

O vindeiro día 17 de Maio celebramos un novo DÍA DAS LETRAS GALEGAS dende que o 20 de marzo de 1963 os tres membros da Real Academia Galega -Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego- presentaran nesta institución unha proposta histórica: que se declarase ese día de cada ano "DIA DAS LETRAS GALEGAS" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Por iso cada ano, nesta data, Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.

No ano 1963 celebrábase o centenario da publicación do libro "CANTARES GALLEGOS" de Rosalía de Castro, pero ignorábase a data da súa publicación por iso propúxose o día 17 de maio, por ser nese día cando Rosalía de Castro lle dedicou o seu libro ao tamén poeta Fernán Caballero; e así foi como se instituíu como festa anual do Día das Letras Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque "CANTARES GALLEGOS" foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal.

Neste ano 2024 a autora homenaxeada é o escritora, filóloga e violinista coruñesa LUISA VILLALTA GÓMEZ:

LUISA VILLALTA GÓMEZ nace na Coruña o 15 de xullo de 1957. A cidade na que residirá a maior parte da súa vida será materia principal da súa obra. No libro "En concreto" tomará a dimensión máis plena ata se fusionar coa propia poeta. A casa familiar situada na rúa Vila de Laxe acolle os primeiros anos de infancia. É a filla maior dunha familia de clase media, o pai, profesor mercantil, a nai, formada en comercio, imprimirán nas dúas fillas a afección pola música. Con oito anos comeza a formación no Conservatorio de Música da Coruña. Dezaoito anos despois concluirá como titulada superior de violino. Estuda no colexio das Xosefinas e remata o curso de acceso á universidade no Instituto Eusebio da Guarda en 1973-74. Ávida lectora desde a infancia, os primeiros anos de vida transcorren entre xogos nos xardíns de Méndez Núñez e na Mariña, debuxando, observando o mundo coa curiosidade dunha nena esperta e decidida nos seus propósitos, fosen estes estudar violino ou aprender a patinar en Riazor....

Para saber máis da biografía da autora, fai clic AQUÍ.

Para coñecer mellor a vida e obra de LUISA VILLALTA GÓMEZ, autora homenaxeada este ano 2024 no Día das Letras Galegas, tendes nas seguintes páxinas Web un montón de documentos e actividades  para imprimir e para facer en liña:


-Web do Seminario Galán para os rapaces e rapazas desde Infantil a 6º de Primaria.




-Web da Real Academia Galega con propostas lúdicas e didácticas para todas as idades.




-Web O Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística no que atoparedes moitísimos recursos e información sobre LUISA VILLALTA: exposicións, actividades dinamizadoras, videos, etc.
 

-Web Primaveira das Letras da Real Academia Galega que podedes visitar e que dispón dun montón de actividades para coñecer mellor á vida e obra da protagonista das Letras Galegas de 2024.


EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger