E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

venres, 13 de xuño de 2025

CAMPAMENTO DIGIT@L de Fundación Cibervoluntarios en Pazos de Borbén


O Concello de Pazos de Borbén solicitou a realización desta actividade á Fundación Cibervoluntarios; e grazas á súa disposición e colaboración ofrecerase esta actividade presencial de balde a nenos, nenas e adolescentes con idades comprendidas entre os 9 e 17 anos para formarse en competencias dixitais.

Os interesados na mesma poderán INSCRIBIRSE nas OFICINAS DO CONCELLO do 13 ao 23 de Xuño, ámbolos dous inclusive, e as formacións terán lugar na Aula de Informática do Centro Público Integrado (CPI) “Curros Enríquez” de Pazos, en horario de 10:00 a 13:00 horas nas seguintes datas:

  • Do 7 ao 18 de Xullo - Grupo de 9 a 13 anos.
  • Do 21 de Xullo ao 1 de Agosto - Grupo de 14 a 17 anos.

Campamento Digit@l
é un programa de actividades extraescolares gratuítas para nenos, nenas e adolescentes de 9 a 17 anos en competencias dixitais. Son sesións de 30 horas de formación gratuíta máis actividades complementarias en liña guiadas, pola mañá durante o verán. A aprendizaxe está exposto como un xogo a través dunha aventura interactiva, na que deberán completar etapas e cumprir misións para conseguir logros.

A través de Campamento Digit@l o concello contará con todo o necesario para poder ofrecer as actividades ás persoas participantes: soporte na convocatoria e formación dos grupos; unha plataforma de formación con contidos para as distintas idades; e formadores con experiencia pedagóxica e en ensinar habilidades dixitais de forma efectiva a cada neno ou nena, adaptándose ao que necesitan. Os materiais e recursos educativos están adaptados aos diferentes grupos de idade participantes.

CAMPAMENTO DIGIT@AL é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia, financiado por Fondos Next Generation da Unión Europea.

O Concello de Pazos de Borbén agradece á Fundación Cibervoluntarios as facilidades, información e apoio ofrecido para poder realizar esta actividade .

Podedes obter máis información sobre a Fundación Cibervoluntarios nos seus perfís oficiais das redes sociais:
  • Twitter – X: @cibervoluntarios
  • Facebook: @Cibervoluntarios
  • LinkedIN: Fundación Cibervoluntarios
  • Instagram: @cibervoluntarios

venres, 6 de xuño de 2025

"CONTOS AO REDOR DA TERRA" de Alba Grande en Pazos de Borbén. Unha actividade da XIII Edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL "ATLÁNTICA"

Iniciamos as actividades do mes de xuño co espectáculo "CONTOS AO REDOR DA TERRA" que nos trae a actriz, xograresa e monicrequeira ALBA GRANDE -tamén coñecida nos últimos anos como Alba de Vales-. 

Con este espectáculo o Concello de Pazos de Borbén participa por sétimo ano no FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL "ATLÁNTICA" que celebra a súa XIII Edición este ano.

O espectáculo terá lugar o Venres 13 de Xuño, a partir das 13:00 horas na Biblioteca do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, por non poder utilizar o Auditorio do Concello debido ás obras de rehabilitación que se están realizando para arranxar os danos causados no edificio polo temporal "Martinho" fai uns meses; e polo que non podemos permitir o acceso á actividade á veciñanza por cuestións aforo e seguridade.

"CONTOS AO REDOR DA TERRA" é un espectáculo unipersoal de narración oral e xograría que reinterpreta tradición cultural propia e pón de manifesto a súa chave; a lingua galega.

Partindo da narración oral e mesturándoa con elementos do teatro xestual e de figuras, a actriz ourensá ALBA GRANDE toma o carácter de Alba de Vales para ofrecernos a tradición oral que percibiu e procurou nun comprendio de pezas contadas e cantadas.

Entre elas, o conto de “O rato e a rateira”, un relato anónimo recuperado dun vello almanaque labrego que a xograresa reconta á súa maneira, servíndose dunha sinxela posta en escena para artellar técnicas do teatro de obxectos e monicreques, combinada co teatro de actor, inspirada no xeito de transmitir de Dario Fo.

Nesta liña tamén nos presenta un Romance burlesco popular, recollido na súa propia aldea por terras de Cea, en Ourense. “Os tres casamentos nun día”, libremente interpretado. Ou unha cántiga tradicional, que mestura estilos populares de Galiza e da península ibérica, e é tamén o canto da Xograresa, que neste espectáculo preséntase coma nun renacemento, no arquetipo actualizado, nunha personaxe dos camiños de terra e asfalto, e dos do pasado, presente e futuro entretecidos.

Aquí unha xograresa búscase a si mesma, neste século, tecendo con historias, cantos e contos, as preguntas sobre ser xograresa, ser galega e galegofalante, sobre a tradición ou a ruralidade. Re-interpretándose nas historias do seu lugar de orixe e dunha raíz expandida, que vai e retorna.

Convidamos a participar neste evento ao alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

Para calquera información sobre esta programación poden contactar coa Biblioteca chamando por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger