venres, 13 de xuño de 2025

CAMPAMENTO DIGIT@L de Fundación Cibervoluntarios en Pazos de Borbén


O Concello de Pazos de Borbén solicitou a realización desta actividade á Fundación Cibervoluntarios; e grazas á súa disposición e colaboración ofrecerase esta actividade presencial de balde a nenos, nenas e adolescentes con idades comprendidas entre os 9 e 17 anos para formarse en competencias dixitais.

Os interesados na mesma poderán INSCRIBIRSE nas OFICINAS DO CONCELLO do 13 ao 23 de Xuño, ámbolos dous inclusive, e as formacións terán lugar na Aula de Informática do Centro Público Integrado (CPI) “Curros Enríquez” de Pazos, en horario de 10:00 a 13:00 horas nas seguintes datas:

  • Do 7 ao 18 de Xullo - Grupo de 9 a 13 anos.
  • Do 21 de Xullo ao 1 de Agosto - Grupo de 14 a 17 anos.

Campamento Digit@l
é un programa de actividades extraescolares gratuítas para nenos, nenas e adolescentes de 9 a 17 anos en competencias dixitais. Son sesións de 30 horas de formación gratuíta máis actividades complementarias en liña guiadas, pola mañá durante o verán. A aprendizaxe está exposto como un xogo a través dunha aventura interactiva, na que deberán completar etapas e cumprir misións para conseguir logros.

A través de Campamento Digit@l o concello contará con todo o necesario para poder ofrecer as actividades ás persoas participantes: soporte na convocatoria e formación dos grupos; unha plataforma de formación con contidos para as distintas idades; e formadores con experiencia pedagóxica e en ensinar habilidades dixitais de forma efectiva a cada neno ou nena, adaptándose ao que necesitan. Os materiais e recursos educativos están adaptados aos diferentes grupos de idade participantes.

CAMPAMENTO DIGIT@AL é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia, financiado por Fondos Next Generation da Unión Europea.

O Concello de Pazos de Borbén agradece á Fundación Cibervoluntarios as facilidades, información e apoio ofrecido para poder realizar esta actividade .

Podedes obter máis información sobre a Fundación Cibervoluntarios nos seus perfís oficiais das redes sociais:
  • Twitter – X: @cibervoluntarios
  • Facebook: @Cibervoluntarios
  • LinkedIN: Fundación Cibervoluntarios
  • Instagram: @cibervoluntarios

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger