E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

sábado, 21 de marzo de 2020

LENDO LENDAS, DIGO VERSOS


LENDO LENDAS, DIGO VERSOS
Autores: Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa
Ilustrador: Xosé Cobas
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade Recomendada: +12 anos

Premio Gala do Libro Galego (Iniciativa Bibliográfica), 2016
Lista de Honra do IBBY, 2018

Velaí, en harmoniosa compaña, vinte lendas con cadanseu poema.

Lendas extraídas das raiceiras da nosa tradición, a maioría pouca coñecidas, moi variadas tanto na procedencia xeográfica como na temática tratada; poemas que, como fillos da fantasía que son, tiveron que ser arrincados dos "recantos do ...  cerebro, anicados e espidos" pois semella que agardaban "en silencio que a arte os vista da palabra para podérense presentar decentes na escena do mundo".(G. A. Bécquer: Introdución a Rimas y Leyendas).

ISBN: 978-84-9914-916-5
Nº de páxinas: 163
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 14 x 21,5 cm

A MENIÑA FURACÁN E O MENIÑO ESPONXA


A MENIÑA FURACÁN E O MENIÑO ESPONXA
Autor: Ilan Brenman
Ilustradora: Lucía Serrano
Edita: Algar Editorial, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Ela é explosiva: está cheíña de enerxía e non para un segundo! El é tímido e non lle gusta a acción, mais é un gran observador. A través das expresivas ilustracións de Lucía Serrano, coñecemos un meniño e unha meniña que non se parecen absolutamente en nada. Ambos son intelixentes e divertidos, mais de xeitos tan diferentes... Que pasaría se se fixesen amigos?

En A meniña furacán e o meniño esponxa, Ilan brenman demóstranos con humor que as diferenzas entre as persoas non nos afastan, senón que nos enriquecen.

ISBN: 978-84-9142-243-3
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24,5 x 26,5 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger