E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

sábado, 13 de agosto de 2016

HISTORIAS PARA CALQUERA LUGAR


HISTORIAS PARA CALQUERA LUGAR
VV.AA.: An Alfaya, Ramón Caride, Agustín Vernández Paz, Xabier P. Docambo, Miguel Vázquez Freire
Ilustracións: Miguelanxo Prado
Edicións Xerais de Galicia S.A., 2001
Colección Merlín marelo

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: + 11 anos

"Historias para calquera lugar" é o libro colectivo co que a colección Merlín celebra a publicación do seu número 100.

Cinco relatos, ilustrados por Miguelanxo Prado, onde se mesturan a intriga, o humor e a emoción; historias que atrapan sen remedio a atención de quen as le.

An Alfaya escribiu "A muller prohibida", un emocionante conto de iniciación e recuperación da memoria. Mentres camiñan descalzos polo areal, o narrador adolescente escoita engaiolado o seu padriño, o relato de como viviu os tempos de Franco e a experiencia dolorosa do seu amor prohibido.

Ramón Caride escribiu "A primeira aventura de Sheila e Said", que nos sitúa na fronteira entre os desertos do erg e do reg, nos primeiros anos de vida de Sheila e Said, na compaña dos seus pais, Hazid e María, e do seu avó Xan. Un trepidante relato da mellor ciencia ficción ecolóxica e solidaria.

Agustín Fernández Paz escribiu "As sombras do faro", un estremecedor relato de terror e intriga, coa presencia das sombras do pasado. O narrador recupera a súa memoria de iniciación adolescente en Pontebranca. Rememora as súas viaxes en bicicleta para explorar a vila e os seus arredores, e a fascinación que sentían por visita-lo outeiro do faro, onde non vai nunca ninguén.

Xabier P. Docampo escribiu "Do que lle aconteceu a Silvano a consecuencia de caer dunha cerdeira", un conto cheo de humor. A Silvano mudoulle a vida cando caeu da cerdeira; conmocionado polo golpe, dende entón farfallaba unha lingua que non entendía ninguén. Silvano era un neno simpático, para todos tiña algunha palabra amable que dicía con cara de risa, magoa que ninguén o entendera.

Miguel Vázquez Freire escribiu "A secta do can", un relato de ciencia ficción e intriga. Ax debe localizar, neutralizar e, se fose preciso, destruír á Secta do Can, un grupo de natureza descoñecida que intervén de forma reiterada en pantallas públicas e privadas, mediante mensaxes agresivas e disolventes, manifestamente contrarias á Orde Única Universal.

ISBN: 978-84-8302-626-0
Nº de páxinas: 224
Encadernación: Tapa branda


venres, 12 de agosto de 2016

PACHÍN GONZÁLEZ

PACHÍN GONZÁLEZ
Autor: José Maria de Pereda
Mainer Til Editores S.L., 1995
Colección: Clásicos de la Literatura Universal

Género: Clasícos de la Literatura - Novela

Relata la historia de Pachín González y sus preparativos para la emigración como única esperanza.

Pachín González, novela corta del escritor cántabro José María de Pereda, está basada en un hecho real, la explosión en noviembre de 1893 del vapor Cabo Machichaco, atracado en el puerto de Santander con un cargamento de dinamita, que provocó más de 500 muertos entre autoridades civiles, bomberos, tripulación y público espectador.

Pereda, escritor santanderino, ve la oportunidad  de narrar una catástrofe que debió estremecer a la ciudad y conmover a todo el país. Inventa unos protagonistas y, a través de su caso particular, asistimos al antes, durante y después de la terrible explosión. 
 
ISBN: 978-84-89122-16-4
Nº de páginas: 190
Encuadernación: Tapa dura


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger