E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

luns, 1 de novembro de 2021

UN SEÑOR ELEGANTE

UN SEÑOR ELEGANTE
Autor: Suso de Toro
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

4ª Edición - Premio Follas Novas (Narrativa), 2021

A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano. Atraído polo insólito perfil dalgún dos seus membros, o escritor Suso de Toro realiza unha indagación para reconstruír a historia dunha familia que, en distintos momentos, protexe a Rosalía de Castro e Murguía e logo á familia Castelao ou a Dieste.

Tras manexar materiais froito dun intensísimo traballo de documentación, Suso de Toro ofrécenos unha novela abraiante, que aglutina unha síntese persoal de novela río, histórica, psicolóxica e novela de ideas. É unha narración que chega do século XIX e atravesa o século XX galego, español e europeo. Unha historia radicalmente local e ao tempo europea.

Un señor elegante é, sobre todo, unha novela de investigación: a persecución dunha figura descoñecida que se vai manifestando ata apoderarse de todo o libro e descubrirnos un personaxe comprometido co seu tempo, coa xente e co país. Alguén dunha enorme dimensión ética. A figura dese Baltar lémbranos, desde a penumbra, que ademais da aceptación da derrota e da pura supervivencia dos vencidos, tamén houbo resistencia e disidencia.

Esta é unha memorable novela de non ficción que demostra que existiu unha outra Galicia vital, alegre e afirmativa, moi distinta da que nos contaron.

ISBN: 978-84-9121-766-4
Nº de páxinas: 544
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15,5 x 23 cm

domingo, 31 de outubro de 2021

A AFOGADA

A AFOGADA
Autor: Rocío Leira
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo 2020

Laura Suárez, unha moza de dezanove anos altamente sensitiva e perfeccionista, desaparece entre as bravas ondas da praia de Riazor despois dunha noite de festa con dous amigos. Todo indica que se trata dun fatídico accidente, pero pasan os días e o seu corpo non aparece.

Manuel Cifuentes, rescatador mariño con ampla experiencia, cre que a súa morte non foi accidental e que os acompañantes da rapaza agochan algo.

Rocío Leira constrúe en A afogada unha novela de intriga onde a verdade parece estar ateigada de mentiras e a mentira ser unha parte máis da verdade.

ISBN: 978-84-9121-822-7
Nº de páxinas: 120
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15,5 x 23 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger