E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

domingo, 4 de abril de 2021

AS ALOUCADAS HISTORIAS DOS MONKI

AS ALOUCADAS HISTORIAS DOS MONKI
Autora: Paula Merlán
Ilustracións: Blanca Millán
Triqueta Verde

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +4 anos

Un libro dirixido a Primeiros Lectores para favorecer o desenvolvemento do pensamento.

Ir de vacacións, conseguir algúns libros ou tocar o piano poden chegar a se converter nun auténtico pesadelo para a familia Monki. As súas aloucadas ideas farán que Musa, a súa mellor amiga, lles faga aprender a pensar e a resolver os seus propios problemas.

Advertencia! Este libro pode producir efectos secundarios: formigos emocionantes, sorrisos a moreas e fortes ataques de diversión.

As aloucadas historias dos Monki é unha adaptación, para primeiros lectores do libro The Peterkin Papers, escrito pola xornalista americana Lucretia Peabody Hale, publicado por primeira vez en 1867 e reeditado en 1960 nos EUA.


ISBN: 978-84-121186-2-9
Nº de páxinas: 64
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 15 x 21 cm

sábado, 3 de abril de 2021

O XABARIL BRANCO


O XABARIL BRANCO
Autor: T
ucho Calvo
Ilustracións: Miguelanxo Prado
Ir indo Edicións
La Voz de Galicia

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa

O xabaril branco é unha fermosa historia de aventuras e amor que nos fai relembrar os grandes clásicos europeos da literatura xuvenil.

O seu protagonista, o Fito, inicia unha viaxe que o leva dende os Ancares ata Arxentina, pais no que coñecerá á muler da súa vida, Xela, o no que presenciará a dureza da conquista das terras dos indios araucanos.

Acompáñano nesta longa viaxe as ensinanzas do Futingo e o omnipresente xabaril branco. 

Esta novela foi publicada por entregas no xornal La Voz de Galicia no verán do 2000. Trátase da primeira obra galega á que se puido acceder dende Internet, e foi baixada por máis de dez mil persoas na primeira semana da súa difusión a través da rede.

ISBN: 84-7680-343-5
Nº de páxinas: 133
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 14 x 25 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger