E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

luns, 8 de outubro de 2018

INVENTARIO DE DINOSAURIOS


INVENTARIO DE DINOSAURIOS ILUSTRADO
Autor: Virginie Aladjidi
Ilustradora: Emmanuelle Tchoukriel
Edita: Kalandraka Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Fai 230 millóns de anos aparecen os dinosaurios. Fai 66 millóns de anos, sobre o que hoxe é México, caeu un meteorito, que puido ser en parte responsable da súa extinción.
Pero, ¿Desapareceron realmente? Non estamos tan seguros: os seus descendentes son as actuais aves...

Unha pequena historia da vida na Terra, desde os seus orixes fai 4300 millóns de anos, e o punto de partida do "Inventario ilustrado dos dinosaurios", que reúne 47 especies agrupadas en períodos xeolóxicos: desde o Triásico, con exemplares como o "Mussaurus patagonicus"; seguindo polo Xurásico coa presenza do "Diplodocus carnegli"; ata o Cretácico, cando habitou o "Tyrannosaurus rex".

ISBN: 978-84-16721-19-1
Nº de páxinas: 45
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 30,5 cm.

domingo, 7 de outubro de 2018

BROMAS NA ESCURIDADE


BROMAS NA ESCURIDADE
Autora e Ilustradora: Daniela Kulot
Edita: Kalandraka Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Tres pequenos amigos - un oso, unha lebre e un verme- celebran a súa primeira noite xuntos na casa dun deles. Durmir nun lugar alleo ao propio fogar, ir a un campamento ou participar nunha actividade que rompe a rutina familiar son aventuras que a moitas nenas e nenos failles ilusión experimentar: proporciónalles unha sensación de autonomía e madurez, estimúlaos no exercicio da responsabilidade ante o novo ou descoñecido, e axúdaos no difícil proceso de socialización.

Iso lles ocorre aos protagonistas de "Bromas na escuridade"

ISBN: 978-84-8464-401-9
Nº de páxinas: 26
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23,5 x 30 cm.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger