E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

martes, 23 de agosto de 2016

PEREGRINAXES. Viaxando con Manuel María


PEREGRINAXES. Viaxando con Manuel María
Texto: Lois Diéguez
Fotografías: Lois Diéguez, Paula Bergantiños, Mª Pilar García Negro, Mario Iglesias, Pomba Navarro Vázquez, Felipe Senén, Foto Vila, Fundación Bautista Álvarez.
Edición: Sermos Galiza S.A.

Xénero: Poesía - Biografías

Peregrinaxes recolle viaxes de Manuel María desde o máis próximo ao máis afastado, de Mondoñedo a Venecia; de Bande a Grecia, onde agardaba Lord Byron; da Foruxeira a Roma; de Monforte a Portugal.

O DVD que acompaña ao libro é unha versión, actualizada e reducida a menos de trinta minutos, de outro de 2005, e foi montado por Xoán Carlos Garrido e guión e dirección de Lois Diéguez. Os poemas na voz de Isidro Novo.

A riqueza maior dun poeta é ver o mundo en todas as súas caras, tendo como base principal o universo das persoas, o sentimento amplo que nos fai humanos. E así, co idioma propio dun xeito irrenunciábel, co corazón e as mans na súa tribo, na nación que intuíu un día e abrangueu en consciencia plena despois, coa súa capacidade de fábula, observación e realismo... chorou, amou, sufriu, cantou en alegría nos momentos polos que todos e todas pasamos, tanto no individual como no coral. Fuxiu das modas momentáneas sendo, pola contra, un innovador.
(Lois Diéguez)

ISBN: 978-84-608-8057-8
Nº de páxinas: 24
Encadernación: Tapa branda
Contén: 1 DVD


luns, 22 de agosto de 2016

OS TRES PORQUIÑOS

  
 OS TRES PORQUIÑOS
Adaptación do texto: Xosé Ballesteros
Ilustracións: Pepe Carreiro
Kalandraka editora, 1998
Colección: Os contos do Trasno Comodín

Género: Literatura Infantil en Galego- Contos

Idade recomendada: + 4 anos

 Érase  unha vez tres porquiños que vivían no bosque.

Un día oíron que por alí roldaba un lobo moi feroz. 

Os tres porquiños decidiron facer unha casa para protexerse, pero non se puxeron de acordo porque cada un queríaa unha distinta. Así, os tres porquiños fixeron cadansúa casa. 

O porquiño máis novo, que era moi preguiceiro, nun día construíu unha casa de palla. O mediano traballou máis e fíxoa de madeira, pero, o máis vello tivo que traballar moitos días para construír unha casa de pedra. 

E cando chegou o lobo e soprou e soprou… 

  Para seguir léndoo ven a buscalo a BIBLIOPAZOS

ISBN: 978-84-95123-12-6
Nº de páginas: 36
Encuadernación: Tapa dura

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger