E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

xoves, 21 de maio de 2015

XOGOS MUSICAIS

XOGOS MUSICAIS
Autor: Luis Prego
Ilustracións: Marta Iglesias
Editorial: Edicións do Cumio, S.A - 2013

Xénero: Cancións Infantís

Este traballo pretende afondar un pouco máis nos xogos, recitados e cancións para os máis cativos da casa, converténdose deste xeito nun libro entregado por completo aos xogos musicais iniciáticos.

O tratamento das cantigas e recitados que compoñen este libro foron escollidos con moito cariño para que sexan un bo material didáctico para os pais, non se centrando exclusivamente na faceta artística.

As músicas son doadas de asimilar, e facilmente reproducibles por pais e nais que non sexan grandes intérpretes ou cantantes profesionais, e as súas letras repetitivas e, maiormente, con temáticas infantís teñen como único fin que poñades todo este material en práctica e a viva voz, sen necesidade de darlle ao “play”.
 
ISBN: 978-84-8289-463-8
Encadernación: Tapa dura
Nº de páxinas: 87
Contiene un CD con 38 cancións

mércores, 20 de maio de 2015

O CLUB DA CALCETA

O CLUB DA CALCETA
Autora: María Reimóndez
Editorial: Edicións Xerais de Galicia, S.A
Ano de edición: 2011

Xénero: Narrativa

Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala.

A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega ou minusvalora.

Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do ánimo de quen le de xeito entretido e mesmo producindo hilaridade, a autora de "O club da calceta" ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina.

Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.

ISBN: 978-84-9782-437-8
Encadernación: Tapa branda
Formato: 22 x 15 cm
Nº de páxinas: 271

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger