E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

martes, 19 de maio de 2015

VIDA DE NAI

VIDA DE NAI
Autora: Gemma Sesar
Ilustracións: Ramón Marcos
Editorial: El Patito Editorial, 2013 

Xénero: Cómic
Idade recomendada: Xuvenil + 15 anos

Velaquí a historia dunha nai de hoxe en día, con dous fillos pequenos ("quererás dicir: unha filla e un fillo"), sen axuda para atendelos ("outra vez sen asistenta!") e unha empresa que trata de sobrepoñerse á crise.

A vida non está feita para combinar estes dous factores: nenos e pemes, así que estas 63 páxinas se desenvolven entre a tolemia duns pais mergullados nun mundo laboral tremendamente complexo, e a ledicia de Estela e Teo, que coa súa inocencia fan que todo cambie en cuestión de segundos.

Colección: O Inverno
ISBN: 978-84-941109-8-6
Encadernación: Tapa dura
Nº de páxinas: 69

luns, 18 de maio de 2015

AS FADAS DAS CAMELIAS

AS FADAS DAS CAMELIAS
Autor: Enrique Mauricio Iglesias
Ilustracións: Carlos Álvarez Taboada
Editorial: Galaxia, S.A, 2014 

Xénero: Contos Infantís
Idade recomendada: + 6 anos

As camelias poden parecer só flores... pero son moito máis ca iso. Cada unha delas agocha unha aventura, unha maneira de recender, pero tamén de entender o mundo.

Hai camelias para namorar, para inspirarse, para acompañar ou, só, para chamar pola beleza. E fadas. Que viven dentro delas, con elas, sobre elas.
 
ISBN: DL-VG849-2014
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 25 cm
Nº de páxinas: 24

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger