Amosando publicacións coa etiqueta Dia Mundial do Teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dia Mundial do Teatro. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de marzo de 2017

AS HISTORIAS DO KAMISHIBAI - Animación á Lectura

Continuamos coas actividades de Animación á Lectura en BIBLIOPAZOS esta vez para celebrar o DÍA MUNDIAL DO TEATRO que se celebra en todo o mundo o día 27 de marzo.


Para celebrar este DÍA MUNDIAL DO TEATRO, o Luns día 27 de marzo, teremos na Sala de Lectura da Biblioteca ás 13:00 horas a JUSTE KAMISHIBAI, papel e teatro coa actividade de narración oral e teatro "As historias do Kamishibai".

Estas historias están apoiadas por revisións persoais sobre o Kamishibai, a técnica de pergamiño ilustrado (emaki) o teatrod e obxectos, o teatro francés de papel e as técnicas de despregabres pop-up, configurando un mundo máxico no ollo do espectador.

Para celebrar este día temos convidado aos alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.


Esta actividade forma parte do programa LER CONTA MOITO promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger