Iniciado o acto o Sr. Alcalde deulle a benvida aos asistentes felicitándoos por participar neste certame e polos traballos presentados, unha vez rematada a súa intervención, procedeuse á lectura da relación dos galardoados nas categorías seguintes para facerlles entrega dos premios aos seleccionados polo xurado:
CATEGORÍA A: PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
![]() |
| Participantes da Categoría A: Persoas con Diversidade Funcional cos monitores, xurado e autoridades |
O PRIMEIRO premio outorgouse ao traballo titulado “UN BARCO CHAMADO ESPERANZA” e o pseudónimo de “SAGITARIO” presentado por JOSÉ MANUEL BOULLOSA GARCÍA da Asociación ASPAVI.
![]() |
| O 1º Premio da Categoría A outorgado a José Manuel Boullosa García recolleuno a súa compañeira Mª Rita Ribeiro Durán |
O SEGUNDO premio corrspondeu ao traballo titulado “O MELLOR AMIGO DE XOSÉ” e o pseudónimo de “ANDALUZ” presentado por FRANCISCO MARTÍN MUÑOZ da Asociación ASPAVI.
![]() |
| Francisco Martín Muñoz recolle o 2º Premio que lle entregou a escritora Andrea Barreira Freije |
O xurado considerou premiar con accésit nesta categoría ao traballo titulado “A GRANXA PARLANTE” e o pseudónimo de “TIGRE” presentado por RAMÓN ÁNGEL FREAZA FARO da Asociación ASPAVI.
CATEGORÍA E: ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA:
![]() |
| Participantes da categoría E: 5º/6º Primaria co xurado, profesorado e autoridades |
O PRIMEIRO premio correspondeu ao traballo presentado baixo o título “A FORZA DOS MUÍÑOS” e o pseudónimo de “PANTUFLAS 73” que presentou MARTÍN BAO GARRIDO, estudante de 6º de Educación Primaria.
![]() |
| A concelleira Mª Victoria Couñago Corujeira entrega o 1º PREMIO a Martín Bao Garrido |
O SEGUNDO premio concedeuse ao traballo titulado “O IMPORTANTE É SER FELIZ” e o pseudónimo de “BERNY ARAUJO” presentado por ROSA VEIGA ARAÚJO, estudante de 5º de Educación Primaria.
![]() |
| Rosa Veiga Araújo recibe o 2º PREMIO que lle entrega o escritor Miguel Angel Alonso Diz |
O xurado considerou premiar con accésit nesta categoría aos traballos seguintes:
Traballo titulado “O SILENCIO DA HACHE” e o pseudónimo de “MANGANTE” presetnado por JOEL GIL RODRÍGUEZ, estudante de 5º de Educación Primaria.
Traballo titulado “A FORMIGA SOLITARIA” e o pseudónimo de “PANTASMA” que presentou XOÁN QUINTANA FERNÁNDEZ, estudante de 5º de Educación Primaria.
Traballo titulado “OS SEGREDOS DE VILAVERZA” e o pseudónimo de “ABIÑO” que presentou ABEL FERREIRA MARTÍNEZ, estudante de 6º de Educación Primaria.
Traballo titulado “A AVENTURA DA MEDUSA MARUXA” e o pseudónimo de “EL PEPE” que presentou XOÁN PINTOS MERINO, estudante de 6º de Educación Primaria.
![]() |
| Entrega accésits da categoría E: Alumnado de 5º/6º de Primaria |
Finalizada a lectura dos premiados chamouse ao resto de participantes para facerlles entrega dos seus diplomas e libros de agasallo; e entregáronse uns lotes de libros para as aulas que recolleron as súas respectiva mestras.
![]() |
| Entrega lotes libros para as aulas de 5º e 6º de Primaria |
CATEGORÍA F: ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO:
![]() |
| Participantes da categoría F: 1º e 2º ESO co profesorado, autoridades e xurado |
O PRIMEIRO premio otorgouse ao traballo titulado “O SOLDADIÑO DE CHUMBO” e o pseudónimo de “NOSE” presentado por XIÁN BOUBETA COMESAÑA, estudante de 1º de ESO.
![]() |
| Xián Boubeta Comesaña recolle o 1º PREMIO que lle entrega a mestra do CPI Mª Eugenia Porritt Lueiro |
O SEGUNDO premio correspondeu ao traballo titulado “RECORDOS DE GUERRA” e o pseudónimo de “RENATA” presentado por DANIELA COUÑAGO RODRÍGUEZ, estudante de 1º de ESO.
![]() |
| Daniela Couñago Rodríguez recolle o 2º PREMIO que lle entrega a escritora Andrea Barreira Freije |
O xurado considerou premiar con accésit nesta categoría aos traballos seguintes:
Traballo titulado “A GAITA MALDITA” e o pseudónimo de “ELVISTEK” que presentou ROI RIVAS RODRÍGUEZ, estudante de 2º de ESO.
Traballo titulado “LUNA” e o pseudónimo de “MOKA” que presentou ANTÍA FREIRE FERNÁNDEZ, estudante de 2º de ESO.
Traballo titulado “CHAMADA PERDIDA” e o pseudónimo de “MIMI” presentado por MIREIA LAGO OTERO, estudante de 1º de ESO.
Traballo titulado “O SANTO APARECIDO” e o pseudónimo de “GABRSTE” presentado por GABRIEL CASTRO GARRIDO, estudante de 2º de ESO.
Traballo titulado “A DESAPARICIÓN DE NORA” e o pseudónimo de “CELTIÑA12” que presentou DANIELA COUÑAGO AMOEDO, estudante de 2º de ESO.
![]() |
| Entrega accésits da categoría F: 1º/2º de ESO |
Posteriormente entregáronse ao resto de participantes non premiados os seus correspondentes diplomas e agasallos e un lote de libros para as aulas.
![]() |
| Entrega lote libros para as aulas de 1º/2º de ESO |
CATEGORÍA G: ALUMNADO DE 3º E 4º DE ESO:
![]() |
| Participantes da categoría G: Alumnado de 3º/4º de ESO co profesorado, xurado e autoridades. |
O PRIMEIRO premio foi para o traballo titulado “A PEDRA DA MULLER” e o pseudónimo de “XELA” que presentou ÁNXELA DOMÍNGUEZ ÁLVAREZ, estudante de 4º de ESO.
![]() |
| Ánxela Domínguez Álvares recibe o 1º PREMIO de mans do Alcalde Xosé Luciano Otero Camiña |
O SEGUNDO premio correspondeu ao traballo titulado “CARTA ÁS AMÉRICAS” e o pseudónimo de “BAHÍA BRANCA” presentado por IRIS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, estudante de 4º de ESO.
![]() |
| Iris González Rodríguez recibe o 2º PREMIO que lle entrega a concelleira Mª Victoria Couñago Corujeira |
O xurado considerou premiar con accésit nesta categoría ao traballo titulado “AS PASAXES PROHIBIDAS DO XADREZ” e o pseudónimo de “INDEFINIDA” que foi presentado por MAIA OTERO GONZÁLEZ, estudante de 4º de ESO.
![]() |
| Maia Otero González recibe o seu accésit entregado pola escritora Andrea Barreira Freije |
Deseguido chamouse un por un ao resto de participantes non premiados para entregarlles o diploma acreditativo da súa participación no certame e un libro de agasallo; así como un lote de libros para as aulas.
![]() |
| O Alcalde Xosé Luciano Otero Camiña entrega un lote de libros para as aulas de 3º/4º de ESO que recibe o mestre José Penedo |
Rematada a entrega de premios o Sr. Alcalde tomou a palabra para agradecer ao responsable da biblioteca o seu traballo para levar adiante esta nova edición do Certame e a todos os presentes pola súa asistencia a este acto e pola participación no certame desexándolles que gozaran das vacacións escolares e felicitándolles o Nadal e un vindeiro ano 2026 cheo de ledicia, paz, amor e moitas lecturas.
Este evento enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2025 "OBRADOIROS DE CREACIÓN LITERARIA E CERTAME DE RELATO CURTO" organizado pola Biblioteca Pública Municipal e que conta coa financiación do Concello de Pazos de Borbén e do Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación Provincial de Pontevedra.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA























Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.