O pasado 18 de setembro demos conta a través deste Blog e das Redes Sociais da biblioteca das actividades que se van a realizar durante os meses de setembro-outubro e, entre elas está a convocatoria do "V CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN".
Nesta 5ª edición do certame poderá participar todo o alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria residente no municipio que estivera ou estea cursando estudos de Infantil, Primaria ou Secundaria nos colexios públicos do municipio durante os cursos 2022/2023 e/ou 2023/2024; e tamén os usuarios dos Centros de Atención a Persoas con Diversidade Funcional que teñan a súa sede e actividade no municipio de Pazos de Borbén.
Coa convocatoria desta nova edición pretendemos seguir animando á creación literaria, á escrita e á lectura en lingua galega; fomentar a creatividade e potenciar a expresión e a comprensión escritas, estimulando o uso da lingua galega entre os escolares e os mais mozos, así como tamén do colectivo de persoas con diversidade funcional, facilitándolles a súa consecución mediante esta motivación como é a de participar nun certame literario no ámbito do relato breve.
Este ano ampliouse o número de categorías para participar a 7, dúas máis cos anos anteriores, incluíndo ao alumnado de Infantil e ao colectivo de persoas con diversidade funcional:
- Categoría
A: Persoas con diversidade funcional
- Categoría
B: Alumnado de Educación Infantil
- Categoría
C: Alumnado de 1º e 2º de Primaria
- Categoría
D: Alumnado de 3º e 4º de Primaria
- Categoría
E: Alumnado de 5º e 6º de Primaria
- Categoría
F: Alumnado de 1º e 2º de ESO
- Categoría
G: Alumnado de 3º e 4º de ESO
O prazo para presentar os traballos será entre os días 2 de outubro e o 15 de Novembro de 2023.
Os participantes na Categoría A: Persoas con diversidade funcional poderán presentar un debuxo nunha folla tamaño A4 por unha soa cara que inclúa unha ou máis frases alusivas ao mesmo; ou un relato escrito que se entregará en formato A4 por unha soa cara, manuscrito en letra clara ou ben impreso en tipo letra Arial, tamaño 14 puntos e entreliñado 1,5 liñas. A extensión mínima será dunha (1) páxina e máxima de dúas (2) páxinas.
As persoas participantes na Categoría B: Alumnado de Educación Infantil poderán presentar un debuxo nunha folla tamaño A4 por unha soa cara.
As persoas participantes na Categoría C: Alumnado de 1º e 2º de primaria poderán presentar un debuxo nunha folla tamaño A4 por unha soa cara que inclúa unha ou dúas frases alusivas ao debuxo presentado.
- A igualdade, a diversidade, a tolerancia, o respecto e a prevención da violencia de xénero como valores esenciais para a convivencia entre homes e mulleres.
- A recollida de historias e lendas locais transmitidas oralmente de avós/avoas a pais/nais, a fillos/as e a netos/as que favorezan o coñecemento do patrimonio inmaterial de Pazos de Borbén.
- A recollida de toponimia e microtoponimia dos lugares, barrios eparroquias do concello.
- 1º premio: Un libro ou tableta electrónica+un lote de libros.
- 2º premio: Un lote de libros.
- 1º e 2º premios: Un lote de libros.
- 1º premio: Un libro ou tableta electrónica+un lote de libros.
- 2º premio: Un lote de libros
Desde BIBLIOPAZOS animamos a todo o profesorado, aos pais, nais e demáis familiares do alumnado e á dirección, persoal, etc., dos Centros de atención a persoas con diversiade funcional do concello para que os estimulen a escribir e a participar neste nova convocatoria do certame que chega a súa 5º edición.
Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2023 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que conta co patrocinio do Departamento de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación Provincial de Pontevedra.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.