O pasado venres 16 de decembro tivo lugar no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén entre as 12:00 e as 13:30 horas a entrega de premios do IV CERTAME DE RELATO CURTO de Pazos de Borbén no que participaron 58 escolares do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
Presidiu o acto o Sr. Alcalde-Presidente do Concello D. Andrés Iglesias Rodríguez e estiveron presentes a Concelleira Mª Dolores Santoro Couñago que actuaba tamén como Presidenta do Xurado, e o resto dos membros do mesmo Uxía Porritt Lueiro; Manuel González Pastoriza, Andrea Barreira Freije, Miguel Anxo Alonso Diz e José Manuel Soto Virulegio.
O acto iniciouse coa intervención do Sr. Alcalde e da Concelleira delegada e Presidenta do Xurado dirixíndose ao público reunido no auditorio agradecendo, en primeiro lugar, á Deputación Provincial de Pontevedra a súa axuda económica para levar adiante esta 4ª edición do Certame de Relatos e os obradoiros de creación literaria; e aos membros do xurado pola súa desinteresada colaboración na organización e desenrolo deste certame, polo seu excelente e difícil traballo na valoración dos relatos presentados; por estar hoxe en Pazos de Borbén neste acto de entrega de premios e por apoiar iniciativas como esta.
Tamén comentaron que a presentación dun total de 58 traballos nas distintas categorías anima ao concello para realizar outra nova edición para o próximo ano.
Agradeceron ademais a Andrea Barreira Freije e Miguel Anxo Alonso Diz a súa labor polos resultados conseguidos despois de ter impartido meses atrás os obradoiros de creación literaria a todo o alumnado de primaria e de secundaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
Unha vez finalizadas as intervencións do Sr. Alcalde e da Concelleira delegada, interveu a membro do xurado Uxía Porritt Lueiro para agradecer o esforzo realizado pola organización do certame, por convidalos a formar parte do xurado e tamén quixo destacar o esforzo do alumnado manifestando que o xurado, ademais da gramática e a ortografía, tivo tamén en conta á hora de valorar os traballos outros aspectos como a imaxinación; a construción coherente das historias; a capacidade de resolver conflitos e de construír mundos de colaboración; o manexo dos diálogos; a capacidade de identificarse co protagonista e de narrar de xeito natural a crueza da vida; a conciencia á hora de protexer a natureza e o medio ambiente; pola recuperación de historias e lendas locais; ademais de moitas máis que nos levaría moito tempo detallar.
Manifestou tamén que os membros do xurado coincidiron en valorar o bo nivel en xeral que presentaron os traballos, así como a meritoria e destacable labor que desenrolaron pais, nais, titores e profesores do alumnado participante, para documentar, dirixir e canalizar debidamente os seus relatos; aos que tamén lles deron as grazas por axudar aos escolares nesta ardua labor creativa.
Finalmente animou aos escolares a seguir participando en próximas edicións e noutros certames literarios, e a seguir lendo e escribindo moito; sobre todo en lingua galega; aproveitando a ocasión para estender as súas felicitacións a todos eles e, en especial, aos premiados.
Unha vez finalizadas as intervencións procedeuse á lectura da relación dos galardoados neste IV Certame e á entrega dos premios aos seleccionados polo xurado:
CATEGORÍA A: 1º E 2º DE PRIMARIA:
O Alcalde Andrés Iglesias entrega o 1º premio da Categoría A a Daniela Amoedo Cendón |
Nesta categoría non se presentaron máis relatos.
CATEGORÍA B: 3º E 4º DE PRIMARIA:
Na categoría B o primeiro premio correspondeu ao traballo titulado “PAN DO PANADEIRO QUE PODE CURAR Á XENTE” baixo o pseudónimo de “PANADEIRO” presentado por XOÁN PINTOS MERINO, de 9 anos, estudante de 4º de primaria.
O segundo premio foi outorgado ao traballo presentado por ABEL FERREIRA MARTÍNEZ, de 8 anos, estudante de 3º de primaria, baixo o título “A LENDA DE SAN SATURNIÑO” e o pseudónimo de “SAL”.
Ademais o xurado considerou premiar con accésits nesta categoría B aos traballos seguintes:
Traballo titulado “A FADIÑA IRIS” e o pseudónimo de “HADIÑA” presentado por NOA FRAGUEIRO DOMÍNGUEZ, de 8 anos, estudante de 3º de primaria.
Traballo titulado “A AVOA E O GRILO” e o pseudónimo de “CRISTIANO” presentado por ASIER DA SILVA JUAN, de 8 anos, estudante de 3º de primaria.
Traballo titulado “NA NOITE MÁXICA DE SAN XOÁN” e o pseudónimo de “SONITO” presentado por MARTÍN BAO GARRIDO, de 8 anos, estudante de 3º de primaria.
Traballo titulado “O COLEXIO ENCANTADO” e o pseudónimo de “SNOPPY” presentado por CLAUDIA RODRÍGUEZ IGLESIAS, de 9 anos, estudante de 4º de primaria.
Traballo titulado “A OVELLA MÁXICA” e o pseudónimo de “PILOTO DE AVIÓN” presentado por LEO COUÑAGO SOMOZA, de 9 anos, estudante de 4º de primaria.
Traballo titulado “A NENA QUE QUERÍA SER BRUXA” e o pseudónimo de “NOA POLAR” presentado por NOA CERNADAS EIJO, de 9 anos, estudante de 4º de primaria.
Unha vez entregados o primeiro e segundo premio e os accésits chamouse un por un ao resto de participantes non premiados nesta categoría para entregarlles a cada un deles o Diploma acreditativo da súa participación neste certame e un libro de agasallo.
Ademáis entregouse tamén uns lotes de libros para as aulas de 3º e 4º de Primaria que foron recollidos polas respectivas mestras.
CATEGORÍA C: 5º E 6º DE PRIMARIA:
Continuamos coa entrega dos premiados na categoría C e o primeiro premio correspondeulle ao traballo titulado “LENDA DA GUERRA” e o pseudónimo de “MIÑA NENIÑA” presentado por CAYETANA ARÁN FIGUEIRA, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.
O segundo premio foi para o traballo titulado “OLLO COA NOITE QUE” e o pseudónimo de “DINOSAURIO” presentado por ROI MÍGUEZ COMESAÑA, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.
Nesta Categoría C o xurado considerou premiar con accésits aos traballos seguintes:
Ao titulado como “O MONTE TENXIÑAS” e o pseudónimo de “MATTRREX” presentado por MARTÍN DOMÍNGUEZ COSTAS, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.
Ao traballo titiulado “A HISTORIA CONTADA POLA MIÑA AVOA” e o pseudónimo de “KIMBERLY MI PATRONA” presentado por HUGO TORRES MÍGUEZ, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.
Ao traballo titiulado“NON IMPORTAN AS TÚAS CONDICIÓNS, NUNCA DEIXES DE PERSEGUIR OS TEUS SOÑOS” e o pseudónimo de “ALVARO DEL VALLE” presentado por ROI RIVAS RODRÍGUEZ, de 10 anos, estudante de 5º de primaria.
Ao traballo titulado “A HISTORIA DA CAMPÁ DA IGREXA DO MOSTEIRO” e o pseudónimo de “VIVA ER BETIS” presentado por DANIEL CERNADAS BESADÍO, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.
Ao traballo titulado “MIÑA BISAVOA DICÍA...” e o pseudónimo de “GERARD PIQUÉ” presentado por MELISA BOUZA MÍGUEZ, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.
Ao final da lectura dos premiados desta categoría foise chamando ao resto de participantes non premiados nesta categoría para entregarlles o Diploma acreditativo da súa participación neste certame e un libro de agasallo.
Entregouse tamén un lote de libros para a aula de 6º de Primaria.
CATEGORÍA D: 1º E 2º DE ESO:
De seguido tocoulle a quenda á entrega dos premios da Categoría D e o primeiro premio correspondeulle ao traballo titulado “ÁS VECES NON VAI TODO TAN BEN COMO SE CONTA” e o pseudónimo de “MEGAN MILLER” presentado por PAULA RIVAS RODRÍGUEZ, de 13 anos, estudante de 2º de ESO.
O segundo premio correspondeulle ao traballo titulado “A NOVIDADE DE LUCA” e o pseudónimo de “ALBA” presentado por ALDARA BUJÁN COMESAÑA, de 13 anos, estudante de 2º de ESO.
O xurado considerou premiar con accésit nesta Categoría D aos traballos seguintes:
Ao traballo titulado “HABITACIÓNS” e o pseudónimo de “IRLANDESA” presentado por IRIS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, de 12 anos, estudante de 1º de ESO.
Ao traballo titulado “ATRAPADA NO LABORATORIO” e o pseudónimo de “ALEXNA” presentado por ANXELA DOMÍNGUEZ ÁLVAREZ, de 12 anos, estudante de 1º de ESO.
Ao traballo titulado “DOBRE CARA” e o pseudónimo de “MADMAX 0204” presentado por CARLOTA PINTADO ALONSO, de 12 anos, estudante de 1º de ESO.
Como nas anteriores categorías finalizada a lectura dos premiados chamouse ao resto de participantes non premiados nesta categoría para entregarlles o Diploma acreditativo da súa participación no certame e un libro de agasallo.
Entregouse tamén un lote de libros para a aula de 1º de ESO.
Gañadores e premiados Categorías D e E co Sr. Alcalde o membros do Xurado |
CATEGORÍA E: 3º E 4º DE ESO:
E nesta Categoría E o xurado acordou declarar desertos os primeiro e segundos premios e premiar cun accésit ao seguinte traballo:
O titulado “AMIGOS OU INIMIGOS?” e o pseudónimo de “PAULETTE” presentado por PAULA BOUZÓN MARTÍNEZ, de 14 anos, estudante de 3º de ESO.
E finalizada a lectura dos premiados nesta categoría chamouse un por un ao resto de participantes non premiados nesta categoría para entregarlles o Diploma acreditativo da súa participación no certame e un libro de agasallo.
Comentar que todos os participantes non premiados recibiron un diploma acreditativo da súa participación neste certame e un libro de agasallo.
Aos premiados con accésits se lles entregou un diploma acreditativo e dous libros de agasallo.
Os premiados co 1º premio recibiron tamén un diploma acreditativo, e os premios que figuran nas bases: un libro electrónico e un lote de seis libros.
E por último, os premiados co 2º premio recibiron un diploma acreditativo e tamén un lote de seis libros.
Ademais este ano, por segunda vez, e para fomentar a lectura na nosa lingua e o traballo cooperativo na aula, entregouse un lote de libros a cada aula do colexio que presentou máis de catro participantes a este certame e que foron recibidos polos mestres e mestras correspondentes.
O Sr. Alcalde e os membros do xurado cos mestres e mestras agasallados con lotes de libros para as aulas |
En próximas datas iremos publicando todos os traballos premiados no blog e nas redes sociais da biblioteca.
Felicitar a todos os premiados e participantes non premiados neste IV Certame de Relato Curto de Pazos de Borbén e animar a todo o alumnado a presentarse na próxima edición.
E por último desexarlle a toda a veciñanze FELICES FESTAS DE NADAL e que o ano 2023 veña cheo de alegría, de felicidade, de paz e de moitas lecturas.
Ata a próxima edición.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.