E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

luns, 12 de decembro de 2022

"A MAXIA DO NADAL" con O MAGO PACO para conmemorar a chegada do NADAL a Pazos de Borbén


Remataremos as actividades do mes de decembro e deste ano 2022 o día 20 de decembro conmemorando a chegada do NADAL a Pazos de Borbén con O MAGO PACO que nos fará pasar unha estupenda mañá coa función “A MAXIA DO NADAL”.

"A MAXIA DO NADAL" é un espectáculo pensado para estas datas, para que grandes e pequenos pasen un rato agradable cos mellores trucos de maxia nunha función que se caracteriza por unha mestura de varias artes escénicas coa maxia, suma que lle achega dinamismo e fantasía encima do escenario.

Ademais primará tamén a fantasía e as gargalladas, e sobre todo a participación do público, transformando a función en algo irrepetible cheo de momentos únicos; e haberá moitas, moitas sorpresas.

O Martes día 20 de Decembro a partir das 10:00 horas da mañá no Auditorio do Concello están convidados a asistir a este espectáculo máxico todo o alumnado de Infantil e Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios da ASOCIACIÓN ASPAVI.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura. 

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger