E como non podía ser doutra forma, unha vez rematado o espectáculo de Maxia seguiremos conmemorando a chegada do NADAL a Pazos de Borbén coa visita de O APALPADOR, a tradicional figura do Nadal na Galiza, que ademáis de Pazos de Borbén visitará este ano 45 concellos máis da man da Deputación de Pontevedra grazas á octava edición do programa ‘Nadal en Galego’ do departamento de Lingua dirixido pola deputada María Ortega que concedeu a actuación a todos os municipios que o solicitamos.
A visita en Pazos de Borbén terá lugar o Martes día 20 de decembro a
partir das 13:00 horas na Praza do Concello e espérase a
participación de todos aqueles veciños e
veciñas que se queiran achegar e
dos escolares
do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e dos usuarios da Asociación ASPAVI;
que están especialmente convidados a asistir á mesma.
Como cada ano, a dinamización da lingua,
o respecto ao medio ambiente e os hábitos de alimentación saudable, entre
outros, serán os valores que fomentará O APALPADOR, xunto ao seu compañeiro acordeonista, SERVANDO BARREIRO, e o seu burro RÍO LOR, coas actuacións e os
pasarrúas, levando a música, o baile e as anécdotas a todas as comarcas da
provincia.
O programa ‘Nadal en Galego’ da Deputación Provincial foi deseñado tamén
para fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia da Galiza e para que
as e os máis novos poidan familiarizarse co mítica figura galega e coñecer a
súa historia. Na orixe, 'O Apalpador' representábase como un
carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas para apalpar os
bandullos das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano,
deixando ao seu carón agasallos e castañas.
Para calquera información sobre a programación podedes
contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou
por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario
habitual de apertura.
EN BIBLIOPAZOS
SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.