luns, 24 de outubro de 2022

PABLO E AS POMBAS

PABLO E AS POMBAS
Texto: Marcos Calveiro
Ilustración: María Pascual
Edelvives - Tambre
Colección: Ala Delta, serie Verde +10 anos

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

En outubro de 1891, con 10 anos acabados de facer, Picasso chega coa súa familia á Coruña, onde acaban de concederlle ao pai praza de profesor na Escola de Belas Artes.

O rapaz axiña se adaptará á cidade e dará mostras do seu carácter curioso e inquedo.

Ademais, na Coruña xermolará a súa paixón pola pintura, fará a primeira exposición da súa obra e vivirá o primeiro amor.

Pablo e as pombas está incluída entre os 200 títulos da lista de honra OEPLI 2018, selección que destaca as obras máis significativas do ano pola súa calidade e idoneidade.

ISBN: 978-84-9046-328-4
Nº de páxinas: 131
Formato: 20x 13 cm
Encadernación: Rústica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger