PAN CON CHOCOLATE.A merenda de Gianni
Autora: Paula Carballeira
Ilustradora: Xiana Teimoy
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Merlín
Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa
Idade recomendada: + de 9 anos
Este libro non conta unha historia, conta moitas historias.
Este libro conta a historia dun neno chamado Gianni Rodari, pero tamén podería contar as historias de moitos outros nenos e moitas outras nenas que soñan e escriben para poder ter tantas vidas como queiran. Porque neste libro hai gatos, piratas, bruxas, cans, trens, corvos, teléfonos, cebolas, tomates...
Imaxina ler este libro comendo pan con chocolate.
Este é un libro para imaxinar aventuras. Este é un libro para xogar. Este é un libro para que te divirtas aínda máis.
ISBN: 978-84-9121-909-5
Formato: 13,50 x 19,00 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de Páxinas: 80
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.