luns, 13 de setembro de 2021

"UN RATO MÁXICO" con Diego González Hermida "O CALBOROTA" - Programa LER CONTA MOITO 2021

Ola amigas e amigos da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS".

Comezamos as actividades de animación á lectura deste mes de setembro co desexo de cumprir o noso obxectivo de seguir promocionando a educación e a cultura, pero sobre todo animar á lectura a nenos/as, mozos/as e adultos de todas as idades; ademáis de ofrecer espazos de encontro para descubrir, compartir e achegar á cidadanía á lectura e á información dun xeito divertido e ameno.


A primeira das actividades terá lugar o próximo XOVES 16 DE SETEMBRO A PARTIR DAS 12:30 HORAS, no que contaremos con DIEGO GONZÁLEZ HERMIDA "O CALBOROTA" que nos traerá o seu espectáculo "UN RATO MÁXICO" no que "Don pergamiño, un vello e simpático rato de biblioteca extraordinaria que le tódolos libros que aparecen nas súas mans e os interpreta de tal xeito que os nenos e as nenas viven o seu contido e as súas aventuras como se foran propias".

Un show interactivo de maxia educativa onde se mestura o ilusionismo co contacontos e os monicreques, fomentando a imaxinación e a participación co obxectivo principal de animar á lectura.

Estamos seguros que durante os 60 minutos que dura o espectáculo os convidados a esta actividade, os alumnos de INFANTIL do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, pasarán "UN RATO MÁXICO" estupendo e moi divertido.

A actividade se realizará no AUDITORIO DO CONCELLO, debido a obriga que temos de gardar os protocolos para cumprir con todas as medidas de seguridade para a prevención do COVID-19, sendo obrigatorio o uso de máscara, a desinfección das mans ao acceder ao recinto e o mantemento da distancia social para aqueles grupos non considerados "grupos burbulla" ou non convivintes.

Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

IMPORTANTE:
PARA ASISTIR A ESTA ACTIVIDADE É OBRIGATORIA A INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA CHAMANDO AO TELÉFONO 986 497 273.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por email biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.


PARTICIPADE NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

E NON VOS ESQUEZADES!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger