Xa se publicaron onte pola noite no DOGA nº 16-Bis o Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro da Presidencia da Xunta de Galicia, e a Orde do 26 de xaneiro de 2021 da Consellería de Sanidade que regulan as novas restricións para facer fronte á crise sanitaria do COVID-19.
Entre estas restricións está a do PECHE DAS BIBLIOTECAS dende hoxe Mércores día 27 de xaneiro e ata o día 17 de febreiro.
Restricións para toda Galicia
-Duración: Tres semanas (do 27 de xaneiro ao 17 de febreiro).
-Reunións: Limitadas só a convivintes.
-Mobilidade: Redúcese ao propio concello.
-Toque de queda: Mantense de 22.00 a 06:00 horas.
- SANIDADE: Seguen interrompidas as visitas aos enfermos excepto para cuestións de dependencia.
- COMERCIO: Seguirá funcionando o comercio esencial: supermercados, farmacias, talleres de vehículos, etc. Comercio non esencial: aberto ata as 18:00 horas. Os centros comerciais pecharán as fins de semana.
- HOSTALERÍA: Peche total. Só servicio a domicilio, comida para levar e comedores de empresas.
- DEPORTE: Só se permite o deporte individual ao aire libre. Sempre deberá usarse a máscara, incluso para correr. Mantense a excepción de competicións federadas nacionais, pero seguen suspendidas as autonómicas.
- EDUCACIÓN: As universidades suspenden as clases até o 8 de febreiro. A primeira semana as clases serán telemáticas e a partir do 17 de febreiro intentarase retomar a educación presencial. As clases de Primaria, Secundaria, Bacharelato e escolas infantís manterán a súa actividade como ata o de agora.
- CULTURA: Pechan os museos, BIBLIOTECAS e espectáculos. Tamén os centros sociais.
- RESIDENCIAS: Só permanecerán abertas as residencias e os centros de día. Centros de xubilados e similares, pechan.
Se queredes mais información podedes atopala no seguinte enlace:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.