Se esqueciches ou non dispós dos teus datos de acceso, ou non tes carné de lector podémoscho proporcionar se contactas connosco a través dos seguintes medios:
-Teléfono: 986 497 273
-Email: biblioteca@pazosdeborben.org
-Redes sociais: Facebook @bpmpazosborben
Twitter @Bibliopazos
HORARIO DE ATENCIÓN DE LUNS A VENRES
DE 09:00 A 14:00 horas
Se xa es socio/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, soamente precisas introducir o usuario e contrasinal que che facilitaron na túa biblioteca.
Se esqueciches o teu contrasinal, preme aquí
Se desexas cambiar o teu contrasinal, preme aquí
Se non dispós de credenciais para acceder a GaliciaLe ou non as coñeces, podes solicitalas na túa biblioteca.
Se aínda non tes carné ou o que tés xa non está en vigor, diríxete a unha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia para obter a túa tarxeta de lector/a. Alí tramitarán o teu rexistro en GaliciaLe.
Unha vez rexistrado/a, e coas túas claves, xa podes acceder ao préstamo de obras en formato electrónico en galego ou en castelán premendo na icona correspondente.
Qué é GaliciaLe?
GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.
QUE PRECISAS PARA SER USUARIO/A DE GaliciaLe?
Para poder acceder a GaliciaLe cómpre:
- Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de que non dispoñas del, podes dirixirte á biblioteca pública máis próxima que forme parte desta Rede e solicitar o teu carné.
- Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unha conta de correo electrónico.
COMO LER UN LIBRO?
Lectura en liña:
Comproba que dispós de conexión mediante wifi, datos móbiles, etc. para iniciar a lectura.
Lectura mediante descarga:
Antes de descargar un libro electrónico, comproba que:
- Dispós dunha conta Adobe ID.
- Tés instalada no teu equipo a aplicación Adobe Digital Editions en caso de que o teu dispositivo sexa compatible. En caso de que non o sexa, podes recurrir a algún dos programas que atoparás no titorial. Para saber se o teu dispositivo é compatible, podes consultar esta listaxe.
Poderás tomar en préstamo ata un máximo de dous libros en cada catálogo (dous no catálogo galego e outros dous no catálogo en castelán) que estarán á túa disposición durante un prazo de 21 días. Se a obra ou obras que buscas están prestadas, poderás solicitalas en reserva (ata un máximo de dous).
COMO VER UNHA PELÍCULA?
As películas poden visionarse en liña. Para iso, é preciso que antes comprobes se dispós de conexión mediante wifi, datos móbiles, etc. para iniciar o visionado.
Poderás tomar en préstamo ata un máximo dunha película no catálogo galego e estará á túa disposición durante un prazo de 48 horas.
Se a película ou películas que buscas están prestadas, poderás solicitalas en reserva (ata un máximo dunha)
Para mais información contacta con BiblioPazos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.