O REINO MEDIEVAL DE GALICIA. Crónica dunha desmemoria
Autores: Xosé Miguel Andrade Cernadas e Anselmo López Carreira
Edicións Xerais de Galicia
Xénero: Literatura Galega - Historia
Presentado como preocupación dalgúns historiadores galegos, ou como cuestión escura e marxinal propia de especialistas, o certo é que o vello Reino medieval de Galicia tivo unha entidade histórica real entre o século V e os comezos do século XIII. Chegou a estenderse dende o Atlántico até as terras da actual Cantabria e dende o Cantábrico até as beiras do río Douro. Así o recoñecen boa parte das fontes históricas europeas e musulmás.
Pola contra, nas hispanas 'asturianas, leonesas e castelás' a súa existencia foi deturpada e agochada. Un agocho asumido máis tarde pola maioría dos historiadores dos séculos XIX e XX, que empregaron esas fontes cristiás para dar vida a un relato histórico de corte esencialista que xustificase e lexitimase o nacemento e desenvolvemento do Estado español contemporáneo.
Nese relato, o Reino medieval de Galicia quer non existía, quer se supeditaba, como unha mera anécdota, á pretendida historia de España. Do porqué dese agocho e desa desmemoria dan conta os autores deste libro.
ISBN: 978-84-9212-689-6
Nº de páxinas: 196
Formato: 14 cm x 21 cm
Encuadernación: Tapa branda
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.