E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

sábado, 5 de decembro de 2020

VICVS. UN LUGAR AFASTADO

VICVS. UN LUGAR AFASTADO
Autor: Beto Luaces
Ediciones Bolanda

Género: Literatura Galega - Novela

Un lugar afastado é a terceira entrega da serie de novela negra denominada Vicvs e iniciada co libro Un lugar do común. Aquela primeira novela foi o quilómetro cero da histoira ideada por Beto Luaces.

Na segunda novela, titulada Un lugar aquelado, o protagonista principal era o detective privado Manuel Peixoto, amigo inseparable de Senén Barreiro e a trama atinxira o mundo da conserva viguesa. Era o seu primeiro caso importante como investigador privado, logo da súa expulsión da Policía Local viguesa.

Nesta terceira entrega, Catarina Barreiro asume un rol moi destacado, aínda que Manuel Peixoto continúa a ser o protagonista principal.

A sua vida mudou moito. Tanto, que está moi descolocado, mais o que non mudou foi que continúa coa súa actividade profesional de investigador privado e a trama lévao, novamente, cara á serra do Suído para descubrir a existencia dun personaxe mítico e uns macabros imitadores...

E, por suposto, a cidade de Vigo segue a estar moi presente na trama como un personaxe máis.

ISBN: 978-84-18176-28-9
Nº de páxinas: 430
Formato: 18 cm x 25 cm
Encuadernación: Tapa branda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger