CONTOS SEN FRONTEIRAS
Autores: Xavier Frías Conde, Eva Mejuto, Oli, Antonio Yáñez Casal
Ilustradora: Patricia Castelao
Edita: Xunta de Galicia
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa
Idade recomendada: +10 anos
As historias atravesan todas as fronteiras porque teñen un pasaporte de validez universal: o da imaxinación. Con ela viaxa o monstro de Xavier Frías Conde, Carpatín, incapaz de espantar a ninguén, que se instala nunha escola e aliméntase de xices, aínda que, a verdade, mete medo como canta. Un medo que se pode conxurar contando ovellas ou escoitando a historia do cágado e o lagarto, que Eva Mejuto coñece porque tamén é nena en Mozambique. Ou en Senegal, como Ash, o mestre de uolofe de Oli, que se veu para o noso país e axiña aprendeu a falar galego. Para ler estas historias, que agora son túas. Porque ti será o novo dono delas e nunca poderás dicir como o rei de Litonia, segundo informa Antonio Yáñez, que non tes un conto. Quérelos ver? Patricia Castelao xa os viu e parecéronlle ben fermosos.
Nº de páxinas: 85
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 21cm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.