xoves, 22 de outubro de 2020

SIMBOLOXÍA MÁXICA EN GALICIA

SIMBOLOXÍA MÁXICA EN GALICIA
Autor: Bieito Romero
Baía Edicións

Xénero: Belas Artes - Arte Galega

Esta recompilación é o resultado da inquedanza, do interese, da observación e da curiosidade dun incansable buscador de tesouros simbólicos presentes entre nós dende tempo inmemorial.

Unha longa andaina de centos de quilómetros e de achegamento aos máis insospeitados recunchos de Galicia convertida en libro para deixar constancia dunha pequena parte do inmenso patrimonio simbólico que posuímos.

Formas xeométricas interaccionadas representadas en distintas épocas da historia de Galicia, moitas delas de orixe incerta e fondamente mergulladas na noite dos tempos.

Xeometrías que proceden de diversas culturas como a celta, a xermánica etc., que se manteñen practicamente intactas na súa forma orixinal e que foron evoluíndo co paso do tempo chegando en diversas variantes aos tempos actuais sen perder a esencia xeométrica inicial.

Simbolismos que son manifestacións fundamentalmente sagradas na súa orixe, protectoras na maior parte dos casos, e que foron derivando co tempo en ornamentais ou decorativas.

Listaxe dos temas musicais do CD incluído no libro
  1. O son do ar. 7 min 06 s. (Bieito Romero)
  2. Canto de andar. 4 min 47 s (Bieito Romero/Luar na Lubre)
  3. Britonia. 4 min 52 s (Bieito Romero/Luar na Lubre)
  4. Mar de peixe. 4 min 59 s (Bieito Romero/Luar na Lubre)
  5. Devanceiros. 4 min 47 s (Bieito Romero)
  6. Leabhar Ghabála. 7 min 00 s (Bieito Romero/Luar na Lubre)
  7. Canto de arada. 3 min 00 s (Tradicional/Arranxos de Luar na Lubre)
  8. Corme. 3 min 20 s (Bieito Romero/Luar na Lubre)
  9. Ribadavia. 4 min 53 s (Tradicional/Arranxos de Luar na Lubre)
  10. Saudade. 3 min 03 s (Tradicional/Arranxos de Luar na Lubre)
  11. A batalla. 3 min 20 s (Bieito Romero/Luar na Lubre)
  12. Se queres. 3 min 35 s (Tradicional/Arranxos de Luar na Lubre)
  13. Camariñas. 4 min 35 s (Tradicional/Arranxos de Luar na Lubre)
  14. O son das augas. 6 min 30 s (Bieito Romero/Luar na Lubre)
ISBN: 978-84-9995-329-8
Nº de páxinas 248
Encadernación: Rústica con lapelas
Formato: 19 x 20 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger