martes, 20 de outubro de 2020

NON FALES O QUE NON DEBES

NON FALES O QUE NON DEBES
Autor: Luís Manuel García Mañá
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Literaria - Narrativa

Xénero: Literatura galega - Narrativa

En Non fales o que non debes, a aparencia ten pouco que ver coa realidade.

Xanete, o gato do maxistrado xuíz do Xulgado de Instrución número 1 está desconcertado porque o corpo do seu dono xace morto na rúa.

O vehículo de emerxencias, a policía, o forense e a titular do Xulgado número 3 están a carón do cadáver, que o observa todo.

Nos informativos dábanse detalles da Operación Táchira que debían estar baixo segredo de sumario. Ao tempo, un xornalista que asina como Vagalume parece disposto a todo con tal de obter información.

Que se agocha detrás da vida de cadaquén? Ten iso algo que ver co sentido ético?

Os personaxes desta novela presentan distintos rostros dependendo da mirada. Pero a verdade acaba por aboiar se penetramos nos seus segredos.

ISBN: 978-84-9121-679-7
Nº de páxinas: 184
Encadernación: Rústica
Formato: 15,50 x 23,00 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger