venres, 18 de setembro de 2020

OS BOLECHAS vinte anos. Volume 2



OS BOLECHAS. Vinte anos. Volume 2
Ilustración e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro
Edita: Bolanda Ediciones y Marketing

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos
Idade recomendada: + 5 anos

Con motivo do 20 aniversario, Os Bolechas recuperan catro dos primeiros títulos publicados na colección Formato Clásico.

  • Os Bolechas van á praia.
  • Os Bolechas van á hamburguesería.
  • Os Bolechas van en caravana.
  • Os Bolechas van en ascensor.

Historias de onte, hoxe e sempre que farán as delicias dos fans dos Bolechas e de quen se achegue a eles por primeira vez.

Catro contos coidadosamente seleccionados para que toda a familia poida gozar desta serie literaria que forma parte xa do noso acervo cultural e da memoria persoal de milleiros de lectoras e lectores galegos.

Ademais agora ofrécense en formato audiolibro.

ISBN: 978-84-18176-06-7
Nº de páxinas: 84
Formato: 16,5 cm x 16,5 cm
Encadernación: Tapa dura

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger