Iniciamos o programa de LER CONTA MOITO 2020 o próximo Venres 18 de setembro con “O MUNDO DA DOBRAXE”, a cargo de Suso Pando e Manuel Pombal, que en dúas sesións –unha ás 11.00 e outra ás 13:00 horas- realizarán esta actividade lúdico educativa que ten como finalidade achegarlles aos nenos e nenas, dun xeito ameno e didáctico esta “ferramenta”; axudando á dinamización da lingua galega a través da súa aplicación en novas tecnoloxías; e que consta das seguintes fases:
Primeiro, mediante unha “brincadeira” dramática, móstranse todos os pasos da elaboración dunha película; desde a creación do guión ata a dobraxe da mesma.Logo, sen abandonar o ton lúdico, preséntanse os personaxes do “mini capítulo” que“@s propi@s nen@s” van dobrar, sorprendéndo@s con exóticas versións orixinais, en idiomas que probablemente xamais escoitaran.Acto seguido, ensaiamos “entre tod@s” un fragmento da película, aprendendo a encaixarmos as propias voces nas bocas dos personaxes.- ”Experimentámolo tod@s..? Ben. Agora... Quen quere sair?”Xa temos @s “dobrador@s”. // Lemos o guión, ensaiamos, axustamos e...
Silencio! Imos gravar!
Gravamos… e, moi sorprendid@s, escoitamos o resultado.
Xa vos contaremos como foi a gravación.
Está prevista a asistencia a esta actividade dos alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
Para calquera información sobre esta programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por e-mail biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.
NON VOS ESQUEZADES!!!
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.