A CASA MÁIS ANIMADA DO MUNDO
Autor: Cristina Sáez Cazallas
Ilustradora: Almudena Aparicio
Edita: Baía Edicións, SL
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos
Idade recomendada: +6 anos
Esta é a historia da casa encantada que está debaixo do ceo e enriba do mar. Nela viven gatos que foxen do queixo, mouchos que toman o sol, cans que falan, gatos que len, xílgaros fora da gaiola, tartarugas que andan ás présas, periquitos que escriben e hámsteres que xogan as agachadas.
A casa ten tres andares. No primeiro viven os cans e mais os gatos, que comparten cuarto de baño. No segundo as tartarugas e os hámsteres, que comparten outro cuarto de baño, e no terceiro os xílgaros e os periquitos, que tamén comparten outro cuarto de baño. Os únicos que non comparten aseo son os que dormen na planta baixa, a que está máis preto do mar e máis lonxe do ceo, o rato Honorato que ten baño propio e o moucho Pancho, que prefire para todo o aire libre.
A casa ten na porta da entrada un letreiro que di: <<A casa máis animada do mundo>>.
ISBN: 978-84-92630-33-2
Nº de páxinas: 157
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 23 cm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.