E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

luns, 9 de marzo de 2020

"PREPARADOS, LISTOS, XA!" con RAMIRO NEIRA


Seguimos conmemorando o Día Mundial da Narración Oral e rematamos as actividades deste mes con outra actividade que forma parte da VIII Edición do Festival Internacional de Narrración Oral "ATLÁNTICA" na que participa por terceiro ano consecutivo o Concello de Pazos de Borbén.

Así, o venres 13 de marzo ás 13:00 horas no Auditorio do Concello, contaremos coa actuación do actor, director, docente, productor e distribuidor teatral RAMIRO NEIRA que nos traerá o seu espectáculo para público infantil e familiar "PREPARADOS, LISTOS, XA!" no que "a través de contos e cancións dos distintos continentes e distintas culturas que conforman o planeta onde vivimos, os nosos protagonistas tentarán de superar, coa axuda do público, unha proba que ninguén ata o de agora foi quen de lograr: dar a volta ao mundo en menos dunha hora!"

Están convidados a asistir a este evento os alumnos de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura e dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos do ano 2020 organizado polo Concello de Pazos de Borbén e no que colabora a Deputación de Pontevedra.

A entrada a todas estas actividades é de balde ata completar o aforo do local pero é necesaria a inscrición previa na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.

VINDE A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger