xoves, 26 de marzo de 2020

BENXAMÍN, o cachalote que quería ser golfiño


BENXAMÍN
O cachalote que quería ser golfiño
Autor: Paula Carballeira
Ilustradora: Blanca Millán
Edita: Triqueta Verde Editora, SLU

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Na illa de Ons vive Benxamín, un pequeno cachalote que devece por saltar, cantar e recitar poesía. Benxamín quere ser coma os golfiños que son os únicos que o fan. Pero, por máis que Bexamín o intenta, só a súa amiga, a tartaruga Minerva, que aínda que lle chamen boba é moi lista, o escoita e lle sorrí. Un día, Benxamín enferma de tristura, e todas as gaviotas escuras, os araos, os ratos desde as tobeiras e ata os morcegos desde as covas están moi preocupados. Coa axuda da súa amiga Minerva argallan un plan para que Benxamín volva estar alegré e contento.

Unha fermosa historia para coñecer un pouco máis a fauna e a flora das illas Atlánticas. A través da historia de Benxamín, un divertido representante dos cachalotes que habitan na illa, demóstrase que se pode conseguir o que se desexa se segues os teus soños.

ISBN: 978-84-949231-2-8
Nº de páxinas: 30
Encadernación: Tapa dura
Formato: 26,5 x 23,5 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger