xoves, 6 de febreiro de 2020

"ASTRONAUTA" - Accésit da categoría D: 1º e 2º de ESO - II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN

Relato galardoado cun accésit na categoría D: 1º e 2º de ESO.

"ASTRONAUTA" de Mª LUISA BARRAL MONTEIRO de 12 anos - 1º de ESO.

Era unha vez un neno que se chamaba Casimiro e tiña 12 anos. O seu soño era ser astronauta e no colexio acosábano porque dicían que as cousas de astronautas eran de nenos pequenos. Pero un día, como Casimiro nunca lles facía caso a aqueles rapaces chegáronlle a baixar os pantalóns.
Participantes e premiados da categoría D: 1º e 2º de ESO
II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019)
Uns días despois, foron os seus pais mais el ao cine e cando volvían a casa, tiveron un accidente grave. No hospital dixeronlle que os seus pais morreran e que lles tiñan que amputar unha perna, entón empezou a chorar.
Ao día seguinte, como non foi ao cole, aproveitou e buscou en Google se os descapacitados poden ser astronautas e encontrouse cunha tráxica noticia que dicía que iso era imposible. 
Cando cumpríu os 18 anos, o primeiro que fixo foi protestar, pero non conseguiu nada. Entón pensou que podía ser político, e o fixo.
Pasaron os anos e por fin gañou as eleccións e o primeiro que fixo foi crear unha lei para todos os discapacitados puidesen ser todo o que non lles deixan ser.
Despois diso retirouse e foi o que sempre quixo ser, ASTRONAUTA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger