Relato gañador do 1º PREMIO da categoría D: 3º e 4º de ESO do II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019)
"SEXAMOS VALENTES" de MARTA ÁLVAREZ COSTA - 14 anos - 3º de ESO.
Todo comezou en sexto de primaria, cando eu tiña doce anos e o meu corpo non era como o de todos os nenos da miña idade.
Toda ía ben, bueno, sempre había o típico grupo de nenos que te insultan, pero eu non lle daba importancia ningunha.
Pero, un día, pasaron de ser un simple grupo a case tres cursos. Era contínuo, día a día, hora a hora. Daba igual o lugar, xa fose na clase, no recreo, nos vistiarios do colexio. Púñanse todos diante miña e insultábanme; que se cheiraba mal, que se era gorda, que si era fea, que se non me sabía vestir, sempre era por algo. O único que eles querían era facerme sentir mal.
De tantas veces que mo dicían ao día, chegou o momento no que xa me custaba convencerme a min mesma de que non era así.
Eu non llo dicía a ninguén, xa que detrás de cada insulto ía unha ameaza.
A xente que estaba ao meu carón sabía que algo me pasaba, pero non sabían o que.
Preguntábanme moi a miudo que me pasaba, pero a miña resposta sempre era: "Nada, eu estou ben, coma sempre".
Decía iso por aforrarme preguntas e que ninguén me fixera nada debido ás ameazas, porque para min non era unha broma.
Tiven unha temporada na que estiven moi mal e a miña profesora preguntoume que me pasaba, pero eu non lle ía dicir nada do tema. Simplemente lle dixen que foran malos días, e que axiña volvería á realidade.
Pouco tempo despois, as miñas amigas, ou o que eu cría que eran amigas, deixáronme de lado, polo simple feito de que elas eran populares e non ían ser amigas miñas, xa que os seus amigos son os que se metían conmigo.
Pasando o tempo, coñecín a unha nena, unha nena chamada Sheila, e ela tamén estaba pasando o mesmo ca min. Fixemos un bo equipo xuntas, e fomos un gran apoio mutuo.
Pouco a pouco as cousas ían mellorando, xa non me insultaban tanto, nin eu lle facía tanto caso coma antes.
Nestes casos é difícil recuperarse.
A día de hoxe, cando case todo pasou, aínda me poño nerviosa recordando todo aquilo.
Logrei superalo soa. Considérome forte por pasar todo e non dicir nada.
Grazas a superar aquilo, seguín os meus soños e convertinme nunha artista recoñecida mundialmente.
FIN.
Participantes e premiados da categoría E: 3º e 4º de ESO II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019) |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.