Participantes e premiados da categoría D: 1º e 2º de ESO II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019) |
Relato gañador do 1º Premio da categoría D: 1º e 2º de ESO.
"UNHA VIAXE A OUTRA ÉPOCA" de SARAY COSTA CERNADAS - 12 anos - 1º de ESO.
Un día, Lucía estaba na casa mirando un documental sobre a vida na época dos nosos avós, e pensou...
-Por que estou vendo isto, se vivo nunha aldea, e tendo xente maior que viviu esa época arredor miña- dixo Lucía.
Entón, Lucía foi xunto a súa avoa.
-Avoa, cóntame como viviades cando ti eras nova!- exclamou Lucía.
-Entón! Que che deu agora por saber o que faciamos!- dixo a avoa.
-Non sei, pero agora teño curiosidade- dixo Lucía con intriga.
-Ben, pois agora vouche contar- dixo a avoa con entusiasmo porque a súa neta quería saber como era a vida sen tablets, móbiles...
-Antes non tiñamos tempo para xogar, porque había que levar as vacas ao monte e ir lavar a roupa ao lavadoiro que quedaba máis cerca. Eu lémbrome que cando chegaba non había sitio para lavar. Tiña que baixar ao río e fregar a roupa enriba dunha pedra. De feito, se vas ao río, está a pedra con forma das pernas, de tanto que iamos para alí.- narraba a avoa.
-Pódesme levar, quero velo!- berraba Lucía.
-Shhhh! Ti non escoitas! que non berres!- dicía a avoa.
-Pero polo camiño cóntasme máis!- volveu berrar Lucía.
-Rapariga! Ti non escoitas! Que non berres!- dixo a avoa cabreada.
-Cando iamos para o monte pasabamos todo o día sos, e non pasaba nada- dixo a avoa.
-E non te secuestraron!- dixo Lucía preocupada.
-Ti cres que os "secuestradores" ian ir para o medio do monte?- dixo a avoa.
-Pois non- dixo Lucía.
-E se a mestra nos mandaba deberes eran nunha pizarriña pequena- dixo a avoa.
-E que aprendiades na escola?- preguntou Lucia.
-A ler e a escribir- respondeu a avoa.
-Mira aí tes a pedra- dixo a avoa.
-Alaaaaa! Que guai!- exclamou Lucía.
-E como dixeches que facías?- preguntou Lucía.
-A avoa púxose de xeonllos e sacou o foular que tiña ao redor do pescozo, mollouno, e empezou a fregar nel contra outra pedra.
-Así faciamos, eu pasaba así moito tempo. E as cousas que tiñan manchas que non lle saían como o sangue, púñase ao "clareo"-dixo a avoa.
-E como raio se fai iso?- preguntou Lucía.
-Pois mira, esténdese ben estiradiño na herba, e tes que deixalo toda a noite ao resío para que desapareza a mancha- explicou a avoa.
-E cando había sitio no lavadoiro, como faciades?- preguntou Lucía.
A avoa ergueuse, colleu o foular e foron ao lavadoiro. Cando chegaron, o lavadoiro estaba baleiro, non tiña auga ningunha.
-Vaia, avoa! O lavadoiro non ten auga!- dixo decepcionada Lucía.
-Non pasa nada, non te lembras que na miña casa, na parte onde están as galiñas, había unha especie de bañeira- dixo a avoa.
-Si- dixo, dubidosa Lucía.
-Pois iso é un lavadoiro pero máis pequeno- dixo a avoa.
-Ala! Que guai! Imos para a túa casa!- exclamou Lucía.
-Ai, rapacipa hoxe acabas comigo!- dixo a avoa.
Foron para a casa da avoa e ensinoulle como se lavaba, Lucía quedou abraiada, non daba crédito.
-Ben, Lucía, terás que ir para a casa, que mañá hai que ir á escola- dixo a avoa.
-Que dis avoa? Se hoxe é sábado!- dixo asustada Lucía.
-Aiiiii! É verdade! a miña cabeza xa non funciona ben- dixo a avoa.
Lucía foise para a súa casa, duchouse, ceou, mirou un pouco a televisión e foi durmir. Pero cando quedou durmida. E tivo un soño, pero un soño moi parecido coa vida da súa avoa.
O soño foi así:
Lucía erguerase ás 6 AM, vestiuse, almorzara caldo, e foi levar as ovellas e as vacas ao monte. Volvera ás 10 AM, levou as ovellas e as vacas para a corte, e foi para a escola. O mestre Antonio estaba explicando a letra "P", e Lucía non estaba prestando atención, entón puxo os dedos todos xuntos e... Zas! Levou coa regra nos dedos.
Copiou os deberes na pizarriña e foise para a casa. Cando chegou, eran as 12 en punto, entón colleu a roupa sucia, e foi ao ría. Fregaba, fregaba e volvía a fregar. Cando xa acabara, foi para casa a comer. Como non había pan, colleu o de había unhas semanas e foi sacándolle o podre, e comendo o pouco que quedaba san.
Cando xa acabara foi botarlle comida ás galiñas, e foi buscar as ovellas e as vacas ás cortes, para levalas ao monte para que comeran. Cando estaba no monte aburríase. Entón, berrou:
-Carme, Lola! Vide para o monte de "Val de Cabras"!- berraba Lucía.
-Imos para alá"- dixeron Lola e Carme.
Chegaron e empezaron a falar. Cando Lucía se decatou xa eran as 8 da tarde, que era a hora de meter os animais nas cortes. Entón Lucía correu e correu todo o que puido coas ovellas e as vacas.
Cando chegou a casa, como era tarde, xa non había cea, e foi para a cama sen cear. e nese intre Lucía espertou. Contoulle o que soñara nesa noite a súa nai. Logo foi á casa da súa avoa e contoulle todo. A avoa quedou abraiada, porque había cousas que a Lucía non lle contara e que soñara igual.
Ao cabo duns 40 anos, Lucía xa era avoa, e a súa neta Noelia preguntoulle como vivían na súa época, e Lucía contoulle como vivía a súa avoa. Noelia non daba creto.
Lucía ensinoulle a cantar en galego, bailar, tocar a pandeireta...
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.