venres, 10 de xaneiro de 2020

SERÁ CORRECTO?


SERÁ CORRECTO?
A guía do protocolo máis divertida e sinxela par maiores e pequenos
Autoras: Concha Blanco e María Canosa
Ilustradora: Paula Mayor
Edita: Hercules Ediciones

Xénero: Ciencias Sociais - Folclore - Costumes

"Teño que erguerme cando me presentan a alguén? 
Podo apoiar os antebrazos na mesa cando estou comendo? 
Pode acompañarme meu pai a unha entrevista de traballo? 
Que levo como agasallo se me convidan a comer nunha casa?".

Todas estas cuestión e moitas máis teñen a súa resposta en Será correcto?; unha guía divertida e sinxela, de fácil lectura e manexo e que seguramente axudará a sacar ao lector de máis dun apuro.

Será correcto? está pensado para que o consulten adultos, pais, docentes... Pois a falta de bos modais é motivo de peocupación para eles. Pero tamén está orientado aos nenos, xa que temos claro que é mello aprender bos modais de pequenos.

Será correcto? non é un libro típico de protocolo, nin polo contido -Non esperedes atopar aquí como debemos vestirnos para a alfombra vermella-, nin polo seu deseño, con desenfadadas ilustracións que nos invitan a achegarnos ao mundo dos bos modais dun xeito divertido.

ISBN: 978-84-944396-6-7
Nº de páginas: 87
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22,5 x 17,5 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger