venres, 10 de xaneiro de 2020

1º PREMIO CATEGORÍA A: 1º/2º PRIMARIA - II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN

Participantes e premiados Categoría A - 1º e 2º de Primaria
O pasado mércores 18 de decembro de 2019 tivo lugar no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén o acto de entrega de premios do "II CERTAME DE RELATO CURTO" de Pazos de Borbén organizado pola Concellería de Cultura do concello a través da Biblioteca Pública Municipal - BiblioPazos.

Tal e como estaba establecido nas Bases do certame toca publicar os traballos galardoados cos accésits e co 1º e 2º premio de cada categoría.

Hoxe iniciamos a publicación dos relatos premiados.


1º PREMIO da Categoría A: 1º e 2º de Primaria.

"A BRUXA MATILDA E OS ESQUÍOS" de Nicole Gwen Cameselle Harris - 7 anos - 2º de primaria.


Había unha vez unha bruxa chamada Matilda que vivía nun bosque escuro que estaba no medio dunha illa.

Un día Matilda saíu ao bosque a buscar moras para facer unha tarta para súa avoa Alexandra, pero cando chegou ao sitio onde había as mellores moras non había ningunha. Entón mirou que había pisadas de esquíos e as seguiu.


Camiñou 30 minutos ata chegar á casa dos esquíos. coa súa varita fixo maxia para mirar mellor as pisadas. Cando chegou fixo un conxuro para facerse máis pequeniña para poder entrar e atopouse cos esquíos que estaban celebrando que colleran moitas moras.


A bruxa Matilda pediulles permiso para coller algunhas moras. O final Matilda invitou ós esquíos ó cumple e todas comeron tarta de moras e o pasaron xenial.


Final.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger