sábado, 23 de novembro de 2019

ANGELES GOÁS con "O MEDO É LIBRE" e "AS FAMES CONTADAS" no 4º CICLO DE TRADICIÓN ORAL "FALAR POR FALAR" de PAZOS DE BORBÉN


4º CICLO DE TRADICIÓN ORAL
"FALAR POR FALAR"
DE
PAZOS DE BORBÉN

Finalizaremos as actividades de novembro e este 4º CICLO DE TRADICIÓN ORAL "FALAR POR FALAR" que pecha venres 29 de novembro a mestra e narradora ANGELES GOÁS coas seguintes actuacións:

Ás 13:00 horas os alumnos de 1º e 2º de ESO e de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, ademais de varios usuarios da Asociación ASPAVI deleitaranse coas historias do seu espectáculo "O MEDO É LIBRE", composto dunha selección variada de contos propios e de tradición oral que trata da temática do medo, unha emoción coñecida por todos por ternos atopado con el nalgún momento da nosa vida. Contos que son historias de vida que nos falan dos medos que conviven con nós no día a día, que nos moven ou nos paralizan. Aínda así eles non teñen a última palabra, porque o medo é libre, si..., pero nós podemos decidir que grao de liberdade queremos darlle.

Ás 20:00 horas veremos novamente a ANGELES GOÁS co espectáculo "AS FAMES CONTADAS" dirixido especialmente a público adulto cunha sesión de historias e contos que tratan a temática da fame, incluíndo non só a fame de comer senón outro tipo de fames que tamén temos os seres humanos. Comeza en torno á comida que se fai nunha casa para celebrar a festa. O feito de xuntarse é mesa provoca que se conten historias e sempre unhas van levando a outras. Así van saíndo as fames: de comer, de cariño, de aprender, de cartos... fames que dunha maneira ou outra temos que saciar.

Esta actividade forma parte do programa 4º Ciclo de Tradición Oral incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR
O AFORO DO LOCAL

ANIMÁMOSVOS A ACUDIR ÁS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger