xoves, 21 de novembro de 2019

ILLAS A SOTAVENTO


ILLAS A SOTAVENTO
Autor: Henrique Dacosta
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Illas a Sotavento é unha novela protagonizada por un grupo de amigos do lugar do Prioiro, na parroquia de Covas, que manteñen cos de Arriba unha rivalidade irracional.

Os enfrontamentos non cesan nin sequera no verán ou no tempo de lecer e os desafíos e os amores cruzados definen unha historia marcada por un relevante segredo.

Eloi e os seus amigos do Prioiro queren construír unha balsa para chegar a unhas illas das que se contan historias fabulosas. As tirapuxas entre ambos os bandos e a construcción da embarcación convértense nunha aventura. Mais... Os perigos espreitan.

Unha apaixonante novela de aventuras, un fermoso canto aos espazos naturais e, en definitiva, unha sorte de viaxe iniciática que a ninguén deixará indiferente.

ISBN:978-84-9121-571-4
Nº de páxinas: 142
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 15,5 x 23 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger