Comenzamos a programación deste mes o día 4 de Novembro ás 13:00 horas co Obradoiro de Experimentación
Creativa con Música Electrónica "CIENCIA MUSICAL" a
cargo do enxeñeiro electrónico e compositor MATEO MENA CALAVIA.
O obradoiro é un proxecto educativo plenamente práctico,
orientado a público xuvenil, que combina conceptos científicos e sonoros nun
ambiente de traballo baseado na experimentación. A través da construción de
diversos dispositivos musicais electrónicos, os asistentes irán adquirindo
coñecementos prácticos sobre varios principios científicos (electromagnetismo,
resistividade, frecuencia, vibración...) e a súa aplicación musical,
enfocándose en áreas específicas como a creatividade, a educación ambiental, o
método científico ou a aprendizaxe colaborativa.
Participarán desta experiencia os alumnos de 6º de
Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
Esta actividade forma parte do programa de
divulgación científica en galego incluído no proxecto de promoción e
dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado
pola Deputación Provincial de Pontevedra.
Nesta actividade é necesaria a INSCRICIÓN PREVIA CHAMANDO AO TELÉFONO da biblioteca
nº 986 497 273.
ANIMÁMOSVOS A ACUDIR ÁS
ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR BIBLIOPAZOS!!!
ESPERÁMOSVOS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.