4º CICLO DE TRADICIÓN ORAL
"FALAR
POR FALAR"
DE
PAZOS DE BORBÉN
Comenzaremos o ciclo o día 8 de novembro con dúas
actuacións de RAQUEL QUEIZÁS.
Ás 13:00 horas estará cos rapaces de 3º e 4º da ESO e
con varios usuarios da Asociación ASPAVI co seu
espectáculo "CASO
PECHADO", dirixido especialmente a un público adolescente que recolle lendas
urbanas, relatos de misterio e historias de terror. Nel unha detective
fala dos casos máis curiosos que tivo que investigar, case todos foron
resoltos, son casos pechados, agás un.
Con CASO PECHADO a narradora quere partillar cos adolescentes a súa fascinación polas
historias de terror, misterio e o cine negro. As mozas e mozos son os
protagonistas, tanto axudando a resolver casos como a recrear as situacións nas
que tiveron lugar os sucesos.
Ás 20:00 horas volverá a actuar Raquel Queizás cun espectáculo dirixido a público xuvenil e adulto para ofrecerlles o seu show "PALABRAS NA BOCA", un espectáculo baseado nas lendas que pasou escoitando na súa nenez que contan as pedras de tempos máxicos e remotos. Palabras na boca da súa nai, palabras na boca da súa avoa, palabras que a alimentaron e a fixeron crecer. Deambulando entre historias vividas e lidas, namorouse. Palabras na boca trae para compartir e urdir relatos coa súa voz... e coas súas mans.
Esta actividade forma parte do programa 4º Ciclo de Tradición
Oral incluído no proxecto de promoción e dinamización da
lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado
pola Deputación Provincial de Pontevedra.
ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR
O AFORO DO LOCAL
ANIMÁMOSVOS A ACUDIR ÁS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR BIBLIOPAZOS!!!
ANIMÁMOSVOS A ACUDIR ÁS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR BIBLIOPAZOS!!!
ESPERÁMOSVOS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.