luns, 1 de xullo de 2019

AMÉNDOAS E FLORES SILVESTRES


AMÉNDOAS E FLORES SILVESTRES
Autor: David D. Vázquez Álvarez 
Ilustradora: Noemí López
Edita: Baía Edicións
Colección: Meiga Moira

Idade recomendada: +12 anos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Avanzaba o século XI cara ao seu remate nunha época de xenreira, de escravitude, de pandemias, de liortas e de guerras... Roi nace nunha pequena aldea asentada no val onde remata o reino de Galicia. É o  fillo do ferreiro, un servo máis de don Guzmán, o conde que domina todo desde a súa fortaleza amurallada. 

Desde moi pequeno, o mozo soña con ser, un día, un home libre para poder ser armado cabaleiro.

Coñece polo seu avó, o mago, o druída, as historias do rei Arturo e a existencia do Santo Graal, o que o vai levar por inhóspitas e estrañas paraxes coa soa compaña de Alba, decidida, tamén, a romper co pasado, coas ataduras das tradicións e do destino que para ela marcou o seu pai, o conde.


Xuntos van descubrir onde se acocha a verdadeira liberdade...

ISBN: 978-84-96896-75-7
Nº de páxinas: 325
Encadernación: Tapa dura
Formato: 12 x 20 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger