sábado, 25 de maio de 2019

O GALO PINTO


O GALO PINTO
Autor: Colectivo Crisol
Edita: A nosa Terra
Contos Populares

Idade recomendada: +3 anos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Houbo unha vez un galo moi fachendoso que recibiu unha invitación para ir á voda do seu tío Chinto. Peiteou a crista e alá foi.Polo camiño atopou un bosteiro con tres grans de millo. Non resistiu a tentación e comeunos, embotando todo o peteiro.

Pediulle á herba que llo limpase, pero esta negouse; pediulle á vaca que se vingase da desobediente herba, pero tamén se negou. Tampouco o pao lle zoupou á vaca, nin o lume queimou o pao, nin a auga apagou o lume, nin o burro bebeu a auga

¿Quen? O burro. "Pois levántalle o rabo e saúdao"

ISBN: 84-89976-80-5
Nº de páxinas: 17
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 16,5 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger