xoves, 30 de maio de 2019

AS COUSAS CLARAS


AS COUSAS CLARAS
Autor: Xosé A. Neira Cruz
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Fóra de Xogo

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

PREMIO MERLIN DE LITERATURA INFANTIL 2000
  
En vintecatro horas, a vida pode cambiar de rostro sen previo aviso. Pode pasar de parecer un lugar no que dá gusto estar, a converterse unha paisaxe entoldada de ameazas e preocupacións. ¿Por que Mon, o profesor máis popular do instituto, aparece inconsciene, case morto, dun día para outro? Ninguén o pode explicar, e ninguén acredita na hipótese dun intento de suicidio. Coa axuda de Afonso, Marga será a encargada de empezar a tirar polo fío dunha historia na que a morte, a violencia, a falta de comunicación, a crueldade e a hipocresía só poden ser superadas co amor.

"As cousas claras'', ambientada nun instituto de ensino secundario, reconstrúe a indagación que fan un mozo e unha moza sobre o conflito no que se ve inmerso o seu profesor de literatura, sometido a unha inxusta campaña na súa contra polo tratamento que realiza da educación afectiva e sexual cos seus alumnos.


ISBN: 84-8302-562-0
Nº de páxinas: 163
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 13 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger